Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grandes e pequenos

miércoles, 01 de diciembre de 2010
Todos os conceptos, especialmente os económicos, veñen sendo relativos. Así a distinción entre grandes e pequenos -empresarios- depende de moitas consideracións, aínda que se adoita establecer a linea divisoria nos cen traballadores para saber se unha empresa é pequena ou mediana/grande.

Cen traballadores xa é unha cifra moi respectable de negocio a que fai falla para sacar adiante unha iniciativa que permita este cadro de persoal. E son precisamente as pequenas empresas e os autónomos os que proporcionan o maior número de postos de traballo deste país, sendo as grandes as máis ostensibles, pero moitas veces tamén as máis sensibles á hora de ter problemas e soportar as crises.

Así, normalmente, os gobernos procuran apoiar as denominadas pemes (pymes, en castelán), que son as medianas e pequenas empresas que enchen os grandes ocos que no tecido empresarial deixan as macroempresas ou as institucións, e que compre ter vivas para que vivo siga o conxunto do mundo laboral e empresarial.

Se as empresas grandes teñen problemas neste tempo crítico, as pequenas e medianas empresas sofren un acoso brutal pola falta de traballo, diminución dos pedidos e peche dos créditos bancarios que permitan fluidez na caixa e manter o ritmo de funcionamento.

Na súa liña política de romper moldes, o Presidente do Goberno reúnese cos vintecinco maiores empresarios do país, para analizar a situación actual e ver de acelerar a recuperación. Sempre tirando polo alto, sen darse conta de que o problema está precisamente moito máis abaixo, a ras do chan, nas pequenas empresas que día a día teñen problemas para abrir as súas portas e funcionar soportando os maiores agobios. As grandes empresas terán problemas, pero teñen na súa man moita maior capacidade de xestión, de presión nos bancos e no goberno, mesmo de liberarse do pesoal sobrante.

Non dicimos que a solución fose, como propoñía Diaz Ferrán, que a través da súa presidencia se enterase na realidade do país. Pero se lle localizasen vintecinco pequenos empresarios -e empresarias- con problemas, ía ter un moito máis claro e fiel panorama do que está pasando entre nós.

Quen non sabe o que custa un café, mal pode dar solucións ós graves problemas, que son pequenos cuantitativamente pero grandes para os afectados, que sofren os máis modestos. Mentras nas alturas non saiban baixar á realidade nada se vai conseguir que non logremos nós sós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania