Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A quenda do Rañego

martes, 30 de noviembre de 2010
A quenda do Raego (a Darío Xohán Cabana, 13-11-2010)

Raíces da Chaira, fondas e serenas,
sabia natureza conquistada.
Cabaleiro do sol, das lúas cheas,
das sendas sen fin e das palabras.

Na volta atrás do suco laborado
perdurarán as eidas que cantaches,
feridas polo ferro e polo medo,
co egrexio arado coas que as labraches.

Ousados lóstregos, ardentes e moídos,
vimbios finos ó pavor, impávidos,
con rabia, ás rabias dos malvados,
a peito aberto, clamando no deserto.

Alma e corazón adubado no incrible,
en cómaros afeitos, en planicies infindas,
en ars de aire atesourado, en escritas imposibles;
nun milagro fecundo e irrepetible.

Abriuse a fraga e a muralla, A porta ó día.
O conto, a historia. Amor e tempo liso,
Galván en Saor, O chirlo merlo na figueira.
A cantiga primorosa; a excelsa poesía.

Roás, na grande eira, amor e liberdade,
repetindo gozosa As cinco lendas.
Con alma, con sentido e con verdade,
con sabia feitura, con recia mocidade.

O hectómetro prantado no vagar dos soños,
na terra de Vilalba, a carón do río,
por onde canta a auga rumorosa,
no camiño dos xenios; do xenial Manuel María.

Para o secular do tempo e da memoria,
o Muíño do Rañego escribe, sen maquía,
na semia invisible, e sen querelo,
a Láctea branca-azul da tua traxetoria.

Darío Xohán Cabana,
paladín, armado da palabra,
na incruenta loita, irredutible.
Ourive da lingua viva e airosa,
carpinteiro de ribeira,
constructor de primorosas doas,
que saen do común, entendidas,
brillantes, feraces, xilgadoras;
engarzadas na gaita, na zanfona,
na pel redonda dunha media volta,
na requinta da Ulla ou da Mariña
vibrando nun cantar en sete notas.

Rema, sen cansar, na dorna irredemible,
que hoxe randea sen quilla e sen bandeira,
coa súa mesmedade pingando polas fendas,
ancestral; conmovida; irrepetible.

Galicia en ti; ti es a Galicia,
sen medo e con entrañas,
briosa, puxante, se a deixan;
valente coma ti, e soberana.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES