Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preservativos

martes, 30 de noviembre de 2010
Co que está caendo, o preservativo ven de ocupar primeiras páxinas dos xornais, primeiros minutos de radio e televisión, e todo porque a súa santidade o Papa da Igrexa deu a entender que en casos extremos o tema do uso do preservativo non vai ser pecado mortal.

Certo que os Papas ata agora non podían ver o preservativo, no que non apreciaban as súas posibles vantaxes para evitar o contaxio de enfermidades, senón que sempre foi tratado este adminículo como ocasión ou obxecto de pecado.

E a verdade é que o mundo convulsiona pola crise económica, empeoran as confianzas nos paises, baixan os mercados que non melloran ata que a bolsa norteamericana respira con fluidez, dubidando entre rescates e intervencións, e alguén -cualificado,eso si-pronuncia a palabra "preservativo", e o mundo enteiro mira para ese lado.

O problema ten diversas posibles visións. Unha perspectiva desde o punto de vista da saúde indica -os médicos así o afirman- que é absolutamente imprescindible para todas as relacións sexuais que se producen fóra da habitualidade da parella estable. Hai tamén unha perspectiva económica, e medio mundo ten dificultade para acceder a eles, polo seu custo ou pola súa distribución. E ten a perspectiva punitiva das autoridades relixiosas, que pouco ven representar cando é un complemento máis da punición da actividade en si.

Neste sentido, non se entende que se arme tanto rebumbio porque o Papa insinúe que as cousas están empezando a cambiar, e que pode haber determinadas situacións nas que a utilización do preservativo deixe de estar visto con malos ollos.

¿Quen precisa tranquilidade en relación co uso do preservativo?¿O que precisa tranquilidade pola súa relación xeral?. Pero desa relación, lóxicamente non se fala, que por agora é imposible, e abórdase a pura utilización do complemento pero non da esencia da relación. Sen que o tema quede claro abondo.

Nesta situación de improvisación absoluta, onde estamos suxeitos a todos os deuses do avatar, calquera elemento vale para que os poderosos nos distraigan coas súas mensaxes. Referímonos á difusión da presunta opinión papal. Mentras se fala do preservativo non se fala dos verdadeiros problemas. E problemas dos que non se fala, coidamos que deixan de existir, alomenos temporalmente.

Seguimos trahando todo. E para esto non hai preservativo que valla.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania