Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Julio Tiza

martes, 30 de noviembre de 2010
É comunmente aceptado que “Xiz” en galego ven significar “tiza”, e aínda hai poucos días -é broma- eu agradecía ó escritor Xoán Neira terme dedicado un libro, por ser autor de “Xiz de Cor”.

Fole, que nesto da orixe das palabras tiña orixinais teorías afirmaba que aparte do que puidese significar para designar ese material branco e lixeiro, algo tiña que ver con algúns topónimos da provincia de Lugo, e Méndez Ferrín menciona este apelido como relacionado ou derivado de Xil (Gil).

Eu, legalmente, son “Giz”, aínda que os meus devanceiros sempre foron coñecidos polos “Xices”, e se para castelanizalo ninguén nos pediu permiso, tampouco ata agora me molestei en legalizalo, que así en lugar de un apelativo teño dous para o que fose mestér, especialmente cando se trata de traballos relacionados cos medios de difusión, e todo o que puidésemos considerar “vida pública”.

Moito falta aínda para que dentro da nosa terra se admitan as formas galegas dos nomes, e eu poido presentarme como Xulio Xiz as veces que sexa, que sempre haberá quen traduza simultaneamente, como se estivese consultando o meu carnet de identidade.

Pero o máis difícil ata agora comprobeino a pasada semana nun xornal do que me estou quitando, que me mencionaba nas edicións de papel e dixital pola miña participación na homenaxe a Darío Xohán Cabana no vilalbés Muiño do Rañego.

Na edición de papel, a información estaba redactada en galego, sen problemas. Na edición dixital, traducida ó castelán atopamos “Molino del Rañego”, “Paseo de los Sueños”, “tabla redonda” (xa me vexo investido cabaleiro), e véxome mencionado como “Julio Tiza”, o cal é perfecto para pasar desapercibido.

Os entendidos na materia consideran que estes son os resultados penosos da aplicación dun traductor simultáneo. Pero ó mellor ten razón o xornal, e do mesmo xeito que cando Los Nogales o traduciron por As Nogais en lugar de As Nogueiras, tamén cando ós meus devanceiros os pasaron de “Xiz” a “Giz” deberan telos pasado a “Tiza”. Pero daquela non tiñan traductores automáticos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES