Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galeuzca

lunes, 29 de noviembre de 2010
O vello soño de xuntar na medida do posible Galicia, Euzkadi e Cataluña fixo nacer o vello “Galeuzca”, que nunca tivo máis protagonismo que a nostalxia e non só porque se trata de tres territorios distantes entre si, senón porque o que son distantes entre si son as xentes que podían harmonizarse baixo calquera bandeira común.

Ó máis que chegamos entre os tres territorios é a organizar sesións, convencións ou festas nas que os galegos de calquera das comunidades se xuntan cos demais para reencontrarse co que puido ser alomenos na ilusión das xentes.

E cando, como este pasado fin de semana, hai eleccións en calquera dos outros territorios, alguén procura sempre buscar similitudes, extrapolar resultados ou lamentar que en Galicia non se dean situacións que nos parecen máis xeitosas para a convivencia futura.

Pero o que si é certo é que desde calquera situación exterior se poden sacar conclusións; de calquera resultado electoral dunha comunidade hispana, máis se hai milleiros de galegos, se pode inferir o que pasaría a escala xeral se ahora se convocasen eleccións, e mesmo na parcela que nos é propia podemos especular co comportamento do electorado nunha situación coma a actual, e neste preciso momento.

O de Cataluña, a posteriori, considérase que se vía vir. Que os votantes cataláns, concienciados e realistas como poucos ían apostar por valores seguros, que garantisen a condución do país cara a portos máis seguros. O tempo dirá se os que aspiraban a un cambio acertaron. O tempo dirá se o resultado conseguido é a solución adecuada e, sobre todo, se adianta horizontes que non tardarán en producirse.

O de Galeuzca segue e seguirá sendo un futurible. Pero Cataluña non será a mesma, e o resto das autonomías hispanas tampouco.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania