Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Privatizar perxudica a saúde

lunes, 29 de noviembre de 2010
Desde o preguntoiro: Privatizar perxudica a saúde

Un dos ditos máis axeitados para o meu entender que se dixeron na “mani” de Santiago contra a privatización da sanidade pública, foi o da escritora Marilar Aleixandre: “En tempo de malas colleitas roldan os raposos e baixan os lobos do monte”. Co permiso da escritora, eu engadaría un pouco máis. Ao raposo xa fai tempo que o deixaron de gardián no galiñeiro rematando coas galiñas. Agora sinto o ouveo dos lobos que comezan a causar moitos temores.

Atérrame que eses lobos baixen do monte e traten de impoñer esas políticas neoliberais-salvaxes das que poñía como exemplo a Irlanda o Sr. Rajoy. Unha delas era a privatización solapada da Sanidade Pública. Políticas que impuxeron nese país e na mesma Gran Bretaña onde están sendo un fracaso estrepitoso, como tamén nas comunidades de Madrid e Valencia que van ao desastre sanitario.

Corren ventos en Galicia de retroceso social en tódolos eidos, en especial a un sector moi sensible como é o da Sanidade. A saúde dun ser humano non ten prezo, non se pode negociar coa saúde das persoas, menos cando estamos en Galicia nun gasto sanitario por habitante máis baixo da UE despois de Grecia.

Sinto eses ouveos dos “canis lupus” tratando de usar as tácticas de predador, usando instrumentos para abordar a privatización, facendo precario os servizos sanitarios públicos, conforme vaia sendo necesario acudir á medicina privada.

Desde aquel día que fora aprobada polas Cortes a Carta Magna, no seu artigo 43 fala do dereito de tódolos cidadáns a protección da saúde polo Estado, organizar e tutelar o sistema de saúde que alcance a todos e contemple a prevención, como a prestación dos servizos sanitarios. Cada vez convénzome que eses “pais da patria bipartidista” están a converter a Constitución en papel mollado.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES