Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dereitos do neno van por autonomías

viernes, 26 de noviembre de 2010
Os dereitos do neno van por autonomas A escola da vida: Os dereitos do neno van por autonomías

As comunidades son as encargadas de ofertarlles as medidas de protección aos menores mediante os seus sistemas de servizos sociais. E aínda que estes cumpren folgadamente cos requisitos mínimos da Convención, manteñen algunhas diferenzas significativas nalgúns aspectos.

As causas derivan das súas distintas posibilidades económicas, da súa dotación de infraestruturas e programas de atención, do apoio que poden recibir das universidades, da iniciativa social e das outras administracións territoriais coa finalidade de conseguir tecer unha rede de relacións para a apertura de novas posibilidades estratéxicas coas que solucionar os problemas presentes e previr os que puidesen xurdir no futuro.

Todo o anterior está subordinado á lexislación que cada autonomía dispón para facer a súa oferta protectora. E aquí as diferenzas son tamén evidentes. Por unha banda, hai comunidades que interpretan normativamente o ámbito de forma sucinta e cínguense ao dito polas normas xerais, como a Constitución ou Convención dos dereitos do neno ou a Lei orgánica de protección xurídica do menor, como é o caso de Estremadura ou Canarias. Outras aprecian esta simple adhesión como insuficiente, polo que abren os seus horizontes ao recoñecemento doutros dereitos que advirten importantes para os seus cidadáns menores de idade.
Neste proceder atópanse as comunidades de Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Cataluña, Galicia, Baleares- máximo expoñente do modelo, ao que dedica unha sección por cada un dos dereitos-, A Rioxa e Navarra -que nas súas respectivas lexislacións lles dedican un título completo ao tema dos dereitos-, ou Castela e León, e Euskadi -que consagran ao seu desen- volvemento 15 e 17 artigos, respectivamente.

Por último, están aquelas que tomaron como referencia os dereitos da infancia para, en torno a eles, presentar as medidas de protección e os órganos que comisionan para a súa execución e control. Este modelo é o seguido por Madrid e Cataluña. A primeira xa emitiu a súa lei de garantías dos dereitos en 1995, mentres que a segunda, acaba de sancionala este ano baixo o título de Lei de dereitos e oportunidades.

Con esta forma de actuar, os nenos españois dependen do lugar en que residan para que se lles recoñezan determinados dereitos.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES