¿Qué fixeches na guerra, mami?
X.X. - viernes, 14 de mayo de 2004
¿Qué hiciste en la guerra, Papi?, foi éxito hai anos. Foi tamén pregunta que moitos quererían facer e fixeron. Ou non.
Ata hai pouco, os pais eran os únicos que ían á guerra. As nais sofríana, pero non ían combatir directamente.
A soldado Lyndie está embarazada. A soldado Lyndye saíu nas primeiras páxinas de case tódolos xornais do mundo cando leva por unha corda collido do pescozo a un iraquí prisioneiro espido, malferido e torturado, coa maior naturalidade do mundo xa que seica para os rapaces soldados dos Estados Unidos de Norteamérica se eres doutra raza non eres un ser humano.
Para a nai da soldado Lyndye, esto son tonterías de nenos.
Posiblemente non me goste saber o que responde o día de mañán a soldado Lyndye cando o seu fillo ou filla lle pregunte: ¿Qué fixeches na guerra, mami?.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora