Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A don Baldomero Iglesias

jueves, 25 de noviembre de 2010
A don Baldomero Iglesias Como quedamos na Rúa Montero Ríos
ó irse don Baldomero Iglesias


Hai unha mesa limpa onda ventá,
outra, con mantel albo, adormecida,
unha rúa longa, abaixo e costa arriba,
a compañía benquerida; unha mañá.

Hai un sorriso inmenso que gardar,
hai un madrugar e uns: ¡bos días!,
unha mirada intensa en regalías.
Hai unha historia bonita que contar.

Hai unha estea parada no recouso.
Hai un pino, cordal e inimitado.
Hai un ténue canto, no aire, niquelado.
Hai, cabaleiro, un bico no repouso.

Hai melros azuis na horta imaxinaria,
con un piar distinto e creativo.
Hai un mistel impreso e perceptivo,
con lumiares de luz extraordinaria.

Hai unha cantiga presa nunha tella,
hai un recanto prestado na verea.
Hai, ao subir, un portal coa luz acesa.
Hai un ¡ai!, dito ao pasar, que desespera.

Hai, cabaleiro, un home de domingo,
un pional cebrado onda a Muralla.
Hai un egoismo inútil que reclama
a un home de oliveira, verde olivo.

Cumpriches aló do cumprimento, ¡descansa!,
que terte case en cen, cabo de nós,
aínda sendo adail e ronsel dos homes bos,
pasaríamos o linde da arrogancia.

Ti eras deus en ti, señor, o deus sen demos,
o deus do amor, deus do teu domingo.
Fainos un lugar no Illar, do Illar de Amigo,
que deus navega no cariño que che temos.

Nesta senda non te ollamos, é verdade.
Falamos de ti, señor (un rezar sabido),
falamos e brindamos por terte coñecido
e andamos, en leda e grande señardade.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES