Tolerancia versus Solidariedade
Rubal, Pedro - jueves, 25 de noviembre de 2010
Tolerante e intolerante, solidario e insolidario, son palabras que nos bombardean os oídos, sen decatarse, emisores e receptores, da súa complexidade na aplicación práctica e da súa ambigüidade semántica. Eu diría que son unha especie de comodín cando non hai moito contido nas exposicións, que perxudica o rigor. Isto seguramente xustifique estas liñas.
Certamente, a tolerancia non plantexa un problema de igualdade, senón máis ben de diferenzas, que sempre esixen unha comprensión mutua, un apauvigado diálogo, un concienciudo empeño na convivencia
, e, en certo modo, apechuga co pluralismo, principalmente cultural, en oposición a solidaridade que atinxe á uniformidade. O curioso é que os defensores apaixoados da tolerancia tamén adoitan selo da solidaridade, e non casa ben.
A solidaridade tanxe as cordas que tensan a dignidade da persoa e ten un compoñente subversivo e revolucionario, instigador de actitudes sempre comprometidas coa defensa dunha determinada escala de valores, sexan estos económicos, sociais ou culturais, que son defendidos para todas as persoas, a custa doutros sistemas axiolóxicos diferentes: xebre intolerancia.
Polo contrario, á tolerancia corresponden actitudes respetuosas con todas a diferenzas, xestionando o diálogo entre os suxeitos portadores das mesmas. ¿Cómo podemos, pois, afirmar ou solicitar, ao mesmo tempo e no mesmo caso algo moi frecuente , despregar actitudes tolerantes e solidarias.? Solidarias con quen.?. Tolerantes con quen e con que.?.
Sen dúbida, tanto a tolerancia como a solidaridade constitúen un agudo problema de razóns. Pero aquí teríamos que escibir de tantas cousas que non é este o lugar axeitado. Faigamos, polo menos, algunha insinuación programática.
É posible abordar a problemática da tolerancia dende, ao menos, tres perspectivas: Dende a experiencia, dende as teorías derivadas desta e dende o plantexamento de modelos de tolerancia aceptabeis. É dicir, un estudo serio desta temática esixe un nivel descritivo das experiencias de talante tolerante, un nivel teórico e un nivel xudicativo e valorativo das condutas modélicas en canto tolerantes. E por se fora pouco, todo debería ir acompañado dun tratamento paralelo e analóxico da solidaridade, nos tres niveis.
Pero, para complicalo máis, os comportamentos tolerantes están inmersos noutras experiencias, mesturándose con elas, o que fai moi difícil illalos, e levan aparexados sempre os comportamentos intolerantes, que hai que delimitar escrupulosamente, porque a intolerancia non é só negación de tolerancia, senón que é tamén aquilo que limita a mesma tolerancia, xa que, por exemplo, ser intolerante cos intolerantes pode entenderse, ademais, coma un exercicio de tolerancia.
Por outra parte, como xuzgamos aos que toleran todas as condutas.? É correcto tolerar os considerados males presentes e futuros?. Ata donde ten que ser operativa a solidaridade nestas leiras das experiencias humanas?. Porque hai que ter en conta, como xa quedou dito, a tolerancia das diferenzas, ainda que lles custe moito aceptalas a aqueles que se baban de prédicas acerca da mesma, aos políticos, cando fan referencia á confesión política dos adversarios, esixindo solidaridade cos credos propios.
E se nos metemos no campo do nacionalismo, os españois temos, desgrazadamente, bastantes experiencias e non poucas teorías da tolerancia, da intolerancia, da solidaridade e da insolidaridade, e imaxino que nos queda moi claro que a tolerancia sen límites e a solidaridade incondicional poden chegar a ser perniciosas.
Para terminar, digamos que neste espazo tamén nos sale ao paso o ideolóxico, que non está tampouco sen escollos, e nel a experiencia apréndenos que nunha ideoloxía, por democrática que sexa, a tolerancia ten un matiz estratéxico, porque en minoría, na dinámica política, esíxese tolerancia; pero en maioría, xurde a intolerancia e aumentan as esixencias de solidaridade: só se tolera ó outro se resulta positivo para a confesionalidade política no poder, e senón, cualifícase de insolidario. Iso sen tratar as intolerancias relixiosas, que tampouco achaian o camiño.

Rubal, Pedro