Alcohol e volante
X.X. - jueves, 13 de mayo de 2004
Diante da enquisa recentemente publicada cabe preguntarse se valen para algo as campañas de mentalización para vellos e novos en relación co alcohol e a conducción.
Según este estudio, 9 de cada 10 dos nosos rapaces non saben cal é o límite establecido de tolerancia de alcohol no sangue cando se conduce un vehículo.
Inversamente ó que sucede na incorporación das mulleres á sociedade, na que elas son maioría absoluta, neste caso o 77% de homes deron positivo e tan só un 23% de mulleres. E a maioría foron rapaces entre 18 e 22 anos, especialmente do medio rural.
¿Hai algo que facer, aparte as medidas sancionadoras que todo o mundo entende?
Hai moito que facer entre administracións, educadores e pais. Moito que facer, en canto nos mentalicemos axeitadamente do gravísimo problema que nos afecta a todos.
Porque o alcohol significa perigo de morte. E se os afectados non son conscientes del, a culpa non e só deles senón de todos nós.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora