Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non hai mal...

viernes, 26 de noviembre de 2010
Quere o refrán que cando un mal se produza, un pequeno ben se orixine, de maneira que algo se pode aproveitar de calquera situación por problemática que resulte.

En Galicia a contaminación industrial tense detido e mesmo baixado na actualidade en relación coa existente hai agora vinte anos. As causas deste descenso hai que buscalas no aumento das enerxías renovables, na renovación das plantas das Pontes e Cerceda. pero de xeito especial na situación de crise da industria galega, máis que no cumprimento dos obxectivos propostos polo Protocolo de Kioto.

O promedio contaminador do territorio español entre 1990 e a actualidade está nun aumento de algo máis dun vinteoito por cento mentras que o Protocolo só autoriza un aumento do 15%. E sen embargo Galicia non só non aumentou senón que descendeu de xeito moderado.

Non é que nos dese por diminuir as nosas contaminacións e invasión da atmósfera, é que as nosas produccións diminuiron, e a industria xa non é o que era daquela, producindo unha diminución dun 0,9% na contaminación ambiental.

Aínda así as nosas cifras son moi elevadas, e fronte á cifra de 9,92 toneladas de CO2 que cada galego soporta, a porcentaxe nacional é de arredor de dous puntos menos.

Algo similar ocorre coa corrupción en España, que se detecta que está estancada ou baixa, precisamente porque a construcción no país está conxelada.

Nun caso e noutro non é que os esforzos en mellorar se fixeran de xeito decidido, senón que outras circunstancias influiron para que a situación mellorase un pouco en relación cos momentos máis destacados de euforia económica. Sexa como fose, bon é que dun mal resultado principal se obteña outro favorable.

Ven confirmar unha situación que é para a pensar nela, estudiar o panorama, e proceder en consecuencia. De xeito que, cando a economía mellore, se poida manter un progreso ou reducción da contaminación, como un proceso irreversible emprendido sen pretendelo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES