Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que os xubilados se sacrifiquen

lunes, 22 de noviembre de 2010
O novo Ministro de Trabajo e Inmigración, Valeriano Gómez, afirmou que os xubilados deben facer sacrificios diante da actual situación, aceptando a conxelación das súas pensións como teñen aceptado funcionarios e empleados as rebaixas sufridos.

O malo destas palabras, ditas con motivo de calquera acto oficial no que se aborda ó ministro pedindo declaracións, é que se fagan á lixeira sen informar exactamente da situación e de ata onde se pretende ou se vai chegar.

Porque se agora se recoñece que no mes de maio a economía estaba en situación de bancarrota e de que as medidas adoptadas ata este momento son insuficientes, hai que esixirlle ó goberno que, se o sabe, nos informe do que pretende facer. E se non o sabe, que non lance globos sonda para ver de ir calmando as augas poñendo parches a unha previsible tempestade.

Porque o funcionariado e os empregados do sector privado xa teñen sobre si presión abonda, e os xubilados coa súa conxelación están ó límite. Pero o máis sangrante é que nin o goberno nin outros moitos estamentos teñen en conta a situación dos xubilados -e os galegos son os peor tratados- nos que perciben cantidades mínimas despois dunha vida de traballo, en tanto existen xubilados ou prexubilados de luxo, que accederon a esta situación no tempo no que neste país aínda se coidaba estar vivindo en tempo de vacas grosas.

Xogar cos xubilados é moi perigoso, non só para o goberno, senón especalmente para os xubilados presentes ou futuros. Que cada día coñecemos casos sangrantes de xubilados que se non pasan miseria si sofren estreiteces que non merecen despois dunha longa vida de traballos e cotizacións.

Para dicir que os xubilados deben sacrificarse non nos fai falla ningún ministro. Cun aprendiz de contable que faga anotacións das porcentaxes a reducir chega e sobra.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES