Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A música do Pórtico da Gloria nos Franciscanos de Ourense

viernes, 19 de noviembre de 2010
A msica do Prtico da Gloria nos Franciscanos de Ourense A msica do Prtico da Gloria nos Franciscanos de Ourense Foi un intre que os reloxos non souberon controlar nin niguén do público quixo que o controlasen. Os instrumentos musicais do Portico da Gloria do Maestro Mateo e das i miniaturas iconográficas das Catigas de Santa María da Alfonso X o Sabio romperon a coordenada do tempo e ficaron todas ellas, en pé e vivas, na tarde do 18 de novembro, nun outono musical -¡maio de castiñeiros!-, na igrexa gótica dos Franciscanos desta nosa cidade de Ourense. Atrás quedaran os concertos do mes de outubro, nesta mesma igrexa de San Francisco, nos que ORFEÓN LUCENSE, CAPELA MADRIGALISTA, ORFEÓN DO CARBALLIÑO e CORAL DE RUADA louvaron, voz en man e en modo ”forte” e “stacatto”, a faciana originariamente estética do Irmán aquel que puxo na historia a primeira pedra do gótico mendicante, redondeado aquí e agora nesta xoia arquitectónica do Parque de San Lázaro.

A igrexa estaba aí, e os anxos condenadamente virtuosos do GRUPO MUSICAL MARTIN CODAX fixeron o milagre da re-encarnación da voz, do instrumento, do pentagrama medievaque se ofrecía gratuitamente a tódolos amantes da música antiga na tarde moderna e actual deste concertó privilexiado.

O Grupo de Música Antiga Martín Codax, nacido en Santiago de Compostela en 1985, centra a súa actividade no estudo e interpretación da Música Antiga, especialmente dos séculos XII, XIII e XIV, na música relacionada coas peregrinacións a Santiago e na lírica medieval galaico-portuguesa. Dirixido por Miguel Fariña e Fernando Olvés, este grupo acada un abriante nivel técnico nos últimos anos que o colocou entre os máis grandes conxuntos mundiais especializados en música medieval, e un inigualable coñecemento vocal, froito de moitos anos con un repertorio que aquí se facía inédito e saudoso: pezas do Codex Calistinus, do Llivre Vermell de Momtserrat s. XIV e Cantigas de Santa María. Nunha arqueoloxía de rescate propio e inmenso, aquí vibraron por máis dunha hora actual as antigas fídulas, citras, organistrums e vihuelas de arco; as chrimías, os cromornos, as zanfonas, a baldosa e a percusión do coiro e o golpe da madeira. Todo elo abraiantemente empastado polas voces xustamente virtuosas de Ana Sánchez Barreiro, soprano, e Fernando Olbés, tenor e codirector do Grupo, ao pé de Miguel A. López Fariña, barba monacal, modos consagrados e porte valleinclanesco do eterno e dionísiaco Salnés.

E así foi: un concerto único, antigo, novo, maravilloso. Tamén o broche-epílogo sonoro dunha “mostra” museística da labor de rescate e recuperación dos instumentos medievais que ate fai pouco só soaban na iconografía do Pórtico da Gloria de Santiago e que agora poden soar noutos fermosos escenarios máis e que sentan, por iso, ao GRUPO MATIN CODAX DE MÚSICA ANTIGA na honra da nobre cadeira das achegas históricas que puntearon sobranceiramernte o Camiño de Santiago e deste xeito abriron a nosa Fisterra aos aires europeos que iban e viñan por esa gran Rúa Maior que fora o Camiño.

Ao remate do concertó houbo os aplausos de rigor, e os merecidos. Moitos aplausos na igrexa dos Franciscanos de Ourense, que esa tarde vencellaba música e arquitectura medievais, música e recinto gótico vivido nesa tarde con emocionada e intensa actualidad.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES