Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pancho: Cen anos

viernes, 19 de noviembre de 2010
O vindeiro día 28 compre cen anos de idade Francisco Lestegás, Pancho do Relámpago. Hoxendía dase con certa frecuencia que persoas cheguen a celebrar o centenario, pero posiblemente sexan moi poucas as que o fan nas condicións físicas e mentais das que disfruta Pancho; a tal punto que os focegos témolo por icono, testemuña de cómo é posible, con moitos anos, ter unha calidade de vida pracenteira, na que a actividade física e social non atope atrancos para o seu desenvolvemento por mor de deficiencias propias do deterioro de idades avanzadas. O centenario está a cotío en movemento: xa sexa no entorno da casa labrega, nos mil labores que o mesmo demanda; tomando os viños cos amigos, en amenas parrafadas, botando a partida, ou varias veces á semana camiñando ata o Pico da Lebre, un esforzo non apto para moita xente ben mais nova que o noso heroe. Por certo, lugar de grande atractivo turístico, hoxe devaluado dado o estado en que se atopa a pista que leva a aquel fermoso miradoiro, así como da inexistencia de indicadores do mesmo, para información de hipotéticos turistas. Lugar ó que conducíamos a canto visitante chegaba ós nosos pagos, para que dende alí contemplase tan idílico panorama e o levase impreso en cámaras fotográficas e videos que amosaban despois polo mundo adiante, dando así a coñecer, ás persoas mais heteroxéneas, as belezas naturais marítimo-terrestres do noso concello. Na actualidade o paraxe está convertido en vertedoiro de inmundicias, abondoso de lixo, nalgunha medida vìctima do vandalismo e polo tanto pouco recomendable. En días vindeiros van a celebarse en Foz unhas xornadas de Turismo de Natureza; sería desexable que delas xurdira o propósito firme de recuperar, dignificar e potenciar tan interesante paraxe.

Pancho é un home do barrio focego de Marzán, de tradición labrega e mariñeira “onde as redes a enxugar están / no medio das medas e os medeiros do pan” que cantara hai medio século Manuel María. Él é o único supervivente dos socios fundadores do Pósito de Pescadores que, alentados polo mestre Toimil, o cura Fiallega e outros, se creara en 1929. Todo un personaxe.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES