Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Excelencia versus Mobilidade Laboral

Rubal, Pedro - viernes, 19 de noviembre de 2010
Adoitan arrebolar os políticos sobre as cabezas dos cidadáns toda clase de ideas, que, cando non teñen responsabilidades, nin tan sequera as peneiran. Non fai moito tempo dixo Felipe Gonález pola televisión que o traballador de hoxe ten que estar disposto a aceptar calquera posto de traballo e estar preparado para eso, porque así o ía esixir a movilidade laboral, o frecuente cambio do posto de traballo, é decir, (e isto digo eu) un mes podes ensinar alemán, e o outro dedicarte a enseñanza das integrais en matemáticas; a facer zocas ou a botarlle unha man o ebanista. E coido que este pode ser o camiño a seguir para dar pan ós fillos nestes nosos tempos; pero, sen embargo, penso que ten non poucos aspectos negativos con posibles repercusións no futuro, que van ser cualificadas de imprevisibles polos políticos de ronda. Permítanme, se non, pasarlles o apuntamento dalgunhas.

Aló pola década dos noventa, no século pasado, sae un libro en EE.UU., titulado IN SEARCH OF EXCELLENCE, de dous profesores da Escola de Administración de Empresas, de Standford, Thomas J. Peters e Robert H. Waterman, traducido ó español (EN BUSCA DE LA EXCELENCIA), en Ediciones Folio, Barcelona, 1.992.

Segundo parece, entra con este libro o termo “excelencia” no argot empresarial: hoxe xa todo o mundo fala da excelencia empresarial.

Estos autores preocupáronse de investigar as razóns polas que algunhas empresas teñen máis éxito que outras. Pois ben, o sorprendente foi que chegaron a unha conclusión que non era de esperar, que o éxito dependía máis dos valores que da boa organización da empresa, porque, segundo eles, as empresas “exitosas” teñen en común que os que traballan nelas encontran sentido para as súas vidas, creen na empresa, teñen esperanza na mesma e séntense identificados con ela. Só desta maneira -din- buscan a maior perfección posible no seu traballo, a excelencia.

E entón, ¿cómo se pode aspirar a excelencia empresarial, de ser esta investigación atinada, con unha mobilidade laboral hoxe tan indiscutíbel e tan aconsellada como único remedio ao desemprego e á escaseza de traballo?. Porque os mesmos que aconsellan unha preparación dos traballadores para enfrontarse a esta situación, esíxenlles ás empresas que manteñan os postos de traballo, sexan eficientes e ben xestionadas, é dicir, que teñan unha estabilidade que lles permita vogar seguras na ondada das crises, manténdose na crista.

Sen dúbida, as cousas son moito máis difíciles que as presentan os autores do libro que comentamos, pero seguramente conveña ter en conta que nin é bo establecer, e case institucionalizar, un modelo de produción que xere mobilidade nos postos de traballo, nin diversificar a formación dos traballadores ata o extremo que perxudique a profundidade necesaria para exercer unha función satisfactoria e eficaz dentro da empresa, única maneira de que experimenten un sentido na súa vida, e de que a empresa poida, a súa vez, dar sentido ó seu papel na sociedade.

A verdade é que da necesidade dos valores fálase por unha certa deferencia cultural, pero neles non se cre moito, e ainda se aplican moito menos. Por iso estas obras desencadean un sorriso sarcástico, que non é a expresión dun coñecemento, senón a manifestación dunha irresponsable autosuficiencia. En todo caso, a empresa que aspire a excelencia, terá que renunciar a mobilidade laboral, porque a permanencia nos postos de traballo dá seguridade e destreza ó traballador, e, se é vocacional, a súa función non será tediosa. O que parece indiscutible é que a excelencia no traballo non é compatíbel coa mobilidade no mesmo.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES