Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das letras

lunes, 10 de mayo de 2004
A Real Academia Galega homenaxea cada dezasete de maio a un escritor galego adicándolle o Día das Letras Galegas, esa feliz invención do patriarca Fernández del Riego, coa que se consagra e se rescata do esquecemento unha figura sobranceira da nosa cultura.

En Monterroso ven de formarse unha asociación cultural – O Cairón- para loitar porque se adique un destes días a Lorenzo Varela, o gran poeta do exilio galego, soterrado no cemiterio de Fufín, que non deu vivido na Galicia dos albores da democracia.

Agarda por similar distinción Xosé María Díaz Castro, o poeta dos Villares, que con “Nimbos” se consagrou como un dos mellores escritores galegos do século XX.

Non cabe dúbida que a R.A.G. ten moito onde escoller e que ten que ir repartindo ata xeograficamente as decisións sobre estas homenaxes. Pero ahí quedan dous nomes merecendes dun “Día” que máis tarde ou máis cedo terán que ser encumbrados a ese Olimpo das letras dos galegos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES