Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sáhara Occidental

jueves, 18 de noviembre de 2010
Desde O Preguntoiro: Sáhara Occidental

Un pobo como o saharauí traizoado e vendido por España a Marrocos en circunstancias que moitos de nós coñecemos. Un pobo que leva 35 anos loitando pola súa terra. Unha xente que fala o noso idioma que se identifica con nós, con vencellos históricos, onde miles de nenos saharauís veñen nos veráns co programa Vacacións en Paz a pasar con moitas familias españolas sen esquecer a nosa cultura. Eles saben que aquí teñen a un pobo irmán aínda que teñamos un goberno de bufóns.

Agora no Aaiún os están masacrando a sangue e lume polas hordas militares do sátrapa alauita. Case nada se sabe do que está acontecendo polo silencio que están impoñendo non deixando aos xornalistas estranxeiros entrar en Marrocos; non queren testemuñas. Non entanto, non debemos trabucarnos, o culpable é o goberno de Marrocos, unha ditadura teocrática, que rouba, tortura, mata e afoga as liberdades manipulando a verdade.

Pero o máis escandaloso, infame e penoso a actitude do goberno e do PSOE, non condenar esta masacre desa particular “noite dos coitelos longos” de Mohamed VI. Impresentable oír dicir ao Sr. Jáuregui que, “nin condena nin recoñece o asalto, deixemos a Marrocos que pescude o que está a pasar para facer unha valoración”. Quedouse a gusto o Sr. Jáuregui, dicirnos que os autores dunha masacre sexan quen pescudará a mesma, iso non ten ningún sentido é alucinante. ¿Que se cre este Sr?. Que somos menores de idade os españois. ¿Que aínda estamos coa chupeta?. ¡ Váiase Sr. Jáuregui a fritir espárragos !.

O máis indignante son as declaracións do Sr. Zapatero: “Hay que buscar equilibrio entre los principios y los intereses". Unhas declaracións vomitivas cando se poñen os “intereses” por diante dos dereitos humanos. Cando os intereses duns poucos condicionan a nosa política exterior e a dignidade do noso país. Intereses que teñen algúns militares marroquís de alta graduación con españois nos fosfatos, pesca e áridos. Intereses dalgúns personaxes desta España que fixeron de Marrocos unha finca a explotar en comuñón a cotío co mandamais do reino alauita.

Estes que se din de esquerdas perderon o norte, todo tipo de principios, de valores e de criterios. Principios que xa non cotizan exiliándose ao outro planeta, deixando que cométase un xenocidio pola covardía dun goberno preocupado polos negocios duns poucos, sen facer fronte ás súas obrigacións de poñer en claro a inmensa traizón do Estado español aos saharauís.

De momento Sr. Zapatero, xa temos un español morto polas hordas do sátrapa: Baby Hamday Buyema, casado e pai de 2 fillos de corta idade: o neno Saad de 4 años e Aya, unha nena de 2. É un cidadán español nacido no Aaiún (capital da provincia 53 española) en 1975 e con DNI número 94.307.758-J, asasinado na mañá do día 8, polos policías (mercenarios) do corpo especial GUS, creado ex profeso para o Sahara Occidental.

Sr. Zapatero, trala reforma do artigo 13.4 da Lei Orgánica do Poder Xudicial ( Lei que reformouse por intereses bastardos) para perseguir a determinados delitos de xenocidio e lesa humanidade, sempre e cando existan vítimas de nacionalidade española. Lei que xa tiña que estar en marcha polos nosos “impolutos” maxistrados. Ao mesmo tempo abrir unha pescuda internacional baixo a supervisión da ONU da actuación de Marrocos, esixindo a este país que pare a “barbarie”. ¿Algún xuíz valente atrévese?.

Haber se ese que anda a atopar o que non existe, en base a unhas declaracións baixo tortura de que un tal Arturo Cubillo adestraba a etarras en Venezuela. Sí, ese xuíz chamado Eloy Velasco que é moi valente e servizal. Como anda a atopar auga en Marte e pescudado a lei da relatividade non ten tempo. Móvase dunha vez, pida a extradición do Rei sátrapa axiña polo asasinato do cidadán español Baby Hamday Buyema e déixese de caralladas manipuladas polos intereses bastardos deses “mercados” mundiais que xa feden, sendo ese disco moi raiado dabondo. Podemos estar moi abarregados polos medios, pero xa non é tan doado metela dobrada.

Avergónzome do que pon no meu DNI sobre a nacionalidade.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES