Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lei da autoridade do profesorado

miércoles, 17 de noviembre de 2010
A lei da autoridade do profesorado A escola da vida: A lei da autoridade do profesorado

Un antigo responsable da Educación en Galicia sinalou nun artigo que Galicia debería dispor dunha norma sobre a autoridade do profesor análoga á de Madrid, posto que, segundo el, cando lle falta a educación aos cidadáns hai que emitir máis lexislación. Ao meu xeito de ver, a lei madrileña, como norma que solicita a confirmación da autoridade do profesor, paréceme innecesaria.

Ao profesor, funcionario ou non, a LOE recoñécelle a súa autoridade. Nesa lei xa veñen recollidas algunhas modificacións da Lei do dereito á educación. Así, por un lado, atribúelles aos pais o deber de respectar e facer respectar as normas establecidas polo centro, a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado e, por outro, esíxelle ao alumno o deber de participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun axeitado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros á educación e a autoridade e orientacións do profesorado.
Doutra parte, o Código Penal considera que é delito calquera atentado á autoridade, aos seus axentes ou aos funcionarios públicos cando executen as funcións dos seus cargos ou con ocasión delas. Isto proba que tanto o profesor como o médico ou calquera outro funcionario ou autoridade xa está investido legalmente desa facultade ante os demais cidadáns.

Para mostra de todo o anterior acudiremos a unha noticia que esta semana saíu nalgúns medios de comunicación: o xuízo aberto a unha profesora por agredir o director do colexio do seu fillo. Por que cren vostedes que a xulgan? porque non estaba educada, porque descoñecía a autoridade do director docente, porque descoñecía as normas que rexen o seu traballo ou porque actuou como unha persoa incívica e agora pagará as consecuencias dos seus actos como prescribe a lei.

En fin, que lexislación non nos falta. Máis ben sóbrannos duplicidades, fáltanos de lectura das normas establecidas, tamén algo de civismo por parte dalgúns cidadáns dentro e fóra das aulas, e moito do maniqueísmo dos responsables políticos que, como noutros ámbitos, en lugar de facerse cargo das súas responsabilidades prefiren seguir ollando para outro lado, non vaia ser que os cidadáns non lles dean o seu voto por facer cumprir o que xa está escrito...
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES