Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O concepto de fraude

viernes, 19 de noviembre de 2010
Periódicamente o Instituto de Estudios Fiscales fai unha enquisa na que, entre outros temas, aborda o tema do fraude a Facenda por parte dos españois.

Cando hai anos comezou a facerse este traballo, as dúas terceiras partes dos enquisados rexeitaban o fraude, pero desde 2003 -agás 2008- ese nivel non fixo máis que baixar ata chegar á actualidade en que só a metade dos participantes se manifestan en contra do fraude. E chega a un 43% a porcentaxe dos enquisados que aproba o fraude, baseándose en que o normal é evadir impostos e que as circunstancias actuais obrigan a este fraude para poder seguir adiante.

A metade dos enquisados considera que o fraude é unha conducta que adoitan a cotío en primeiro lugar os empresarios, e logo os profesionais liberais e os autónomos, liberando de culpa ós asalariados porque os seus emolumentos están controlados a través do sistema do Irpf. E os empresarios e profesioanis enquisados son os que se amosan máis dispostos a xustificar o fraude, sinalando que a causa principal do fraude é a impunidade da que goza o que o comete, o excesivo do actual sistema impositivo, e a necesidade de facer camiño ó andar.

O fraude, en realidade, forma parte da nosa cultura social, e non está mal visto por unha porcentaxe de poboación tan alta ou maior da que se afirma na enquisa, procedente dun tempo no que na práctica non se pagaban impostos, na alta imposición, e na picaresca de sustraer á Facenda públcia unha parte sustanciosa dos ingresos dun particular ou empresa.

Estase avanzando moito no camiño da eliminación do fraude, e os poderes públicos atacan en diversos frentes para confluir nun principal de control das correntes económicas. Pero moito queda aínda por facer, moito que cambiar, para chegar a unha normalidade social que calquera estado moderno debe posuir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania