Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Depender de alguén

miércoles, 17 de noviembre de 2010
Todos dependemos de alguén, material ou emocionalmente. E próducese na sociedade unha interdependencia entre os seres humanos que condiciona as relacións persoales e orixina situacións temporais ou definitivas que cada quen percibe en toda a súa dimensión persoal e en conxunto ofrecen un panorama social no que os especialistas atopan un fértil campo de traballo.

Pero o que agora se entende por "dependentes" son aqueles enfermos ou incapacitados que precisan de atención continuada, xa que non poden valerse por si mesmos nas actividades cotiáns, e resultan ser obxecto de atención especial pola lexislación, cunha Lei propia que protexe a dependencia.

Pero dunha banda está a lexislación, que sobre o papel tende á perfección, e por outra a realidade social que nos rodea, que moitas veces impide cumprir os postulados legais, por imposibilidade manifesta, tanto polo que se refire ó persoal posto ó servizo da lei, como ás dotacións económicas que a sustentan.

Polo que a Galicia se refire, e dando por suposta a boa disposición da Administración autonómica en relación con este tema, hai que ter en conta á economía que marca indefectiblemente a realidade, e ter en conta que en Galicia existen na actualidade arredor de vinteun mil dependentes que precisan e teñen dereito a ser atendidos, e aínda non están recibindo axuda da Administración. De algo máis de cincuenta e dous mil dependentes galegos, tan só algo menos de trinta e un mil están recibindo atención e axuda, tendo aumentado este ano en nove mil, en tanto se estima que o próximo ano só poderán ser atendidos dous mil máis. O pasado ano, Galicia estaba no noveno lugar das autonomías españolas en canto a dependentes non atendidos, tendo ascendido no presente ano a un lastimoso terceiro lugar no que só resultan peor atendidos pola Administración os dependentes de Canarias e Valencia.

Como sempre, a Administración autonómica depende das transferencias recibidas da Administración central, que en materia económica non se producen milagros. Co que a dependencia non se produce só nos que teñen limitadas as súas capacidades físicas, senón nas mesmas administracións que deben atendelos. Todos dependemos de alguén. Neste caso, a Xunta depende do correspondente Ministerio que debe pronunciarse favorablemente diante do problema galego.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania