Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concurso de traslados

martes, 16 de noviembre de 2010
Lento pero imparable segue avanzando o grande concurso de traslados entre funcionarios da Xunta de Galicia que, convocado a comezos do pasado de maior terá a súa culminación o próximo febreiro, cando tomen posesión dos seus novos postos os funcionarios participantes.
Preto de mil seiscentos funcionarios tomarán posesión das súas prazas en propiedade para ir situando ó funcionariado en prazas definitivas, consolidando nomeamentos provisionais ou comisións de servizo.
Porque o propio dinamismo dunha xigantesca administración pública vai producindo situacións de provisionalidade, xa sexa porque determinados servizos van necesitando atención, xa porque se producen situacións persoais que deben ser contempladas cando as circunstancias o permiten. Ese dinamismo produce situacións de provisionalidade que poden durar anos, e non se solucionan ata precisamente que se convocan e resolven os concursos de traslado.
Despois deste macroconcurso de traslado prevense outros para –alomenos unha vez ó ano- ir situando ó persoal onde verdadeiramente se necesita, entreles un para persoal laboral antes de que remate o ano, e outro nos próximos meses para traballadores da administración especial.
A vantaxe destes concursos –desde o punto de vista funcionarial- é a distribución de persoal segundo as súas apetencias, pero tamén onde se producen necesidades e se convocan as correspondentes prazas, evitando o que no seu momento se falou de traslados forzosos, que tan mal caeu entre o persoal e tan oneroso resultaría para a Administración por ter que ser financiado para aboar os custos sobrevidos.
O inconvinte, desde o punto de vista da propia administración, é que o dinamismo cambiante do funcionariado impide o asentamento definitivo de traballadores en determinados lugares, con traballo continuado que proporciona coñecementos e experiencia. Porque se ben se proporciona ós participantes nos concursos un maior abano de perspectiva administrativa, o sistema tamén impide afondar nas peculiaridades de cada posto e cada rama da Administración.
O concurso está en marcha. E moits situacións persoais dependen da súa resolución, que esta prácticamente ó caer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania