Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O maná de Europa

lunes, 15 de noviembre de 2010
Entre os innumerables beneficios – algún perxuizo tamén- do ingreso de España na Comunidade Europea foi o disfrute polas diversas comunidades autónomas de fondos procedentes da Unión Europea para fomentar o desenvolvemento das rexións atrasadas ata as que hai moi pouco pertenceu Galicia.

Considérase rexións con subdesenvolvemento aquelas que teñen unha renda inferior ó setenta e cinco do promedio dos membros da Unión, e ata hai pouco Galicia estaba nesa situación, polo que recibiu importantísimas aportacións económicas.

Pero o sucesivo incremento de novos membros da Unión, moitos deles con graves problemas estructurais fixo baixar o promedio de renta dos diversos países, e neste momento a renda de Galicia está en arredor do noventa por cento do promedio da renda da Unión, polo que o próximo paso vai ser que perdamos o dereito a percibir calquera tipo de axudas como país pobre.

Se a relación entre a renda galega e o conxunto da Unión fose derivada dun forte incremento da nosa renda pouco habería que dicir, pero cando o problema xorde de que os que entran na Unión son máis pobres ca nós, o resultado cando menos é dooroso.

As axudas da Unión Europea están garantidas ata o 2013, que o último presuposto da Unión Europea está establacido para o período 2007-2013, e a partir dese ano poderiamos quedar sen ningún tipo de subvención europea.

A Xunta de Galicia ten planteado a U.E. a posibilidade dunha “aterraxe suave” en canto á perda de axudas, solicitando unha moratoria para o período entre o 2014 e o 2020, no que se percibirían arredor do cincuenta por cento do que neste período se percibe. Que se agora veñen de Europa algo máis de cinco mil cincocentos millóns de euros, nese novo tempo de ampliación a percepción sería de arredor de dous mil douscentos millóns de
euros.

Non son as axudas o mellor xeito, ou alomenos o único, de garantir o progreso dun país. Pero é unha dotación económica interesante, e para Galicia será unha excelente noticia que as xestións que se están efectuando cheguen a bo fin.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania