Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Requiem por un castaño de Indias

lunes, 15 de noviembre de 2010
Eu de pequeño en Vilalba fun seriamente avisado de que baixo ningún concepto podía comer castañas indias dos castaños que había no Campo da Feira. Porque podía quedarme enano para sempre, xa que as castañas non permitían que os nenos medrasen, mesmo que fose unha sóa a que se comese.
       
Nin que dicir ten que nunca comín unha castaña india, e mira que me gustan as castañas “normais”, pero nunca ousei transgredir aquela norma, que era dogma de fe nun tempo en que o que os páis dicían “iba á misa”, e no que os nenos sabíamos que por riba de todo había que obedecer. Esa prohibición detecteina logo en Lugo, onde tamén había castaños dos chamados de Indias, que producían froitos que non podían ser comidos. E punto.
       
Os castaños enchían o vello campo da Feira, que iba desde a chamada Carretera ata as antigas Escolas, onde hoxe está a casa do concello. Castaños que desapareceron logo para dar paso a unhas árbores diminutas que tiñan que ser protexida por prismas triangulares de madeiros, para evitar que fosen arrasados polos animais levados á feira. Arboriños que tamén pasaron á historia e que hoxe só son lembranza dos que imos moi maiores.
       
Hai días entereime de que en Vilalba se cargaran un castaño de Indias, o que provocara unha certa polémica por estimalo de gran valor, e eu tiven que confesar que non tiña a menor idea de que existise, aínda que logo vendo as fotos resulta que si, que aínda que non o percibira moi claramente, sabía onde se encontraba.
       
Eu comprendo que un castiñeiro é un castiñeiro, e toda árbore merece respecto, pero que o corte dun castiñeiro en Vilalba provoque a atención e a protesta de ADEGA, é verdadeiramente notable, saíndo a relucir que estaba afectado por un fungo, que podería intervir a Universidade de Santiago a través do Campus de Lugo, lembrando que xa desapareceron moitos castiñeiros cando se construíu un aparcamento soterrado, cando eu coido que entre aqueles vellos castiñeiros e a construcción do aparcadoiro debeu mediar como mínimo un cuarto de século.
       
Cando tiven noticias da corta da árbore, temín que se tratase da pravia, o noso vexetal xigante máis representativo, pero polo que se ve a Pravia goza de boa saúde. Era un castaño, que non deixa de ter importancia, visto está, sobre todo desde o punto de vista político que mesmo provoca -pouco fai falla para que os políticos disintan- disensións entre o PSOE vilalbés, que non ten unha postura conxunta en relación co corte dunha árbore, que se supón é necesaria para poder levar adiante unha importante obra de separación de augas que evitará as periódicas enchentes e avenidas que sofren moitas casas vilalbesas.
       
Síntoo pola pobre árbore, que consideran centenaria, e daría castañas que nunca comín nin debera comer ninguén por se acaso son tan funestas como din.
       
De todas maneiras, non poido esquecer algún exemplo que por Lugo se deu hai agora vintecatro anos cando a construcción dos aparcamentos subterráneos.  A construcción fixo que se cortasen unhas árbores denominadas “paulonios”, na praza do Ferrol, que se consideraban do maior valor natural. Os paulonios, en fin, plantáronse no parque de Frigsa, medraron, florecen... e durante este case cuarto de século ninguén volveu preocuparse por eles.
       
Que a preocupación pola natureza nos dure, e non sexa flor dun día.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania