Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un bolígrafo nunha escola

viernes, 12 de noviembre de 2010
Hoxe pola mañá (onte, para vostede), por cuestións que non son relevantes para o asunto que vou traer a colación, estiven nun centro escolar e reparei nun bolígrafo que pousaba sobre o mostrador da oficina de atención ó público.

Dirá vostede -e non lle falta razón- que iso é a cousa máis normal do mundo. Do mesmo xeito ca se vai a un centro de saúde e se atopa cunha cadeira de rodas no pasillo. Ou se se achega a un taller de vehículos e tropeza cunha chave fixa do 20.

Preguntarase, entón, qué tiña de especial aquel bolígrafo para que reclamara de tal xeito a miña atención.

Voullo explicar de contado sen determe moito nos detalles (igual que non me detiven na identificación do centro), consciente de que a súa sagacidade de lector -ou lectora- intelixente ha interpretar as claves que me fixeron traer a anécdota a este espazo.

Era un bolígrafo deses que un recibe de agasallo e que logo de ser utilizado por primeira vez, por lóxica correspondencia coa cortesía recibida, acaba engrosando a morea de bolígrafos ocasionais que todos cantos traballamos fronte á mesa dun escritorio acostumamos a coleccionar nalgún bote tamén de regalo.

Ata aquí, todo normal. Ata tal punto normal, que eu mesmo acabei tomándoo emprestado para anotar unha idea que me viñera ó maxín mentres agardaba a ser atendido polo persoal administrativo.

¿Onde deixa de ser normal o devandito bolígrafo para pasar a ser tan extraordinario que mereza unha reflexión nesta columna?

Pois direillo de seguido:
Resulta que tan branco e relucente como era. Tan aparentemente anodino. Tan intranscendente como semellaba (pois nin falaba nin estaba dotado de ningún outro mecanismo comunicativo que non fosen dúas palabras escritas e un pequeno logotipo) o bolígrafo chirriaba naquel lugar porque, pola calada, estábame pedindo o voto para un determinado partido político.

Por iso creo que, fose cal fose o partido, o bolígrafo estaba de máis naquel centro educativo.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES