Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medio Século do

viernes, 07 de mayo de 2004
Estamos en 2004. Seguro que hai moitas cousas que celebrar. Pero para os galegos –e de xeito moi especial para os chairegos- celebración grande merece que precisamente neste ano se cumpra medio século da publicación do “Terra Chá”, de Manuel María, a Biblia dos chairegos.

O Instituto de Estudios Chairegos e a Fundación Manuel María da Terra Chá van celebralo coa publicación de poemarios inéditos do Manuel. E o Instituto ten organizado un acto especial –chama a atención esta celebración itinerante- cunha marcha desde Abadín a Vilalba (arredor de vinte kilómetros), no decurso da que se lerán poemas do Terra Chá, no marco natural desta poesía.

Medio século dun libro que está máis vivo que nunca. Medio século dun libro que conseguiu que o que antes se chamaba “Tierra Llana” e era unha zona na que traballaba o Instituto Nacional de colonización entre Cospeito e Castro de Rei se convertise na ampla comarca que ocupa o centro das terras de Lugo, con personalidade propia e ata un idioma propio (Ver “Das cousas de Ramón Lamote” de Paco Martín).

¡Felicidades, Manuel!. ¡Felicidades, Terra Chá!
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES