Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, os coches

jueves, 11 de noviembre de 2010
Se ollamos as nosas rúas e estradas podemos considerar que a venda de automóviles ten que ser o mercado con maior vida e en auxe continuo. Pero veñen as cifras dos estatisticos para poñernos en evidencia a dura realidade, que case nunca é compatible co que apreciamos arredor.

Outubro foi un mes tráxico para os vendedores de automóviles de Galicia, que constataron un descenso de ata o 50% entre os coches vendidos neste mes e o mesmo mes de 2009.

Son catro xa os meses consecutivos nos que o mercado galego do automóvil se sitúa á baixa, con resultados aínda máis duros ca a media nacional que se sitúa nunha baixada do corenta por cento en relación con outubro de 2009.

Preocupa no sector esta situación, fiel reflexo dunha situación xeral de atonía que non se anima por moito que se fale de recuperación, que responde a moi diversos factores entre os que tamén pode terse en consideración a subida do imposto de valor engadido.

O certo e que nos dez primeiros meses do presente ano, en Galicia rexístrase unha baixada nas matriculaciónsdo 8,2%, mentras a escala nacional aparece un incremento do 9,41%, sendo Galicia despois de Asturias e Navarra a comunidade na que máis se reducíu a adquisición de vehículos.

O da automoción é un moi importante sector do noso comercio, con numerosos establecementos e conseguintes postos de traballo. Unha baixada moderada podería ser asumida polos concesionarios, pero de persistir esta tan tremenda baixada hai que temer unha conseguinte reducción de traballadores nas empresas e peches de postos de venda. Mala noticia, peor sinal, en relación coa situación de crise que nos embarga.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES