Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os poderes autónomos

miércoles, 10 de noviembre de 2010
Parece que Mariano Rajoy abrise a caixa dos tronos ó manifestar a necesidade da actualización do Estado autonómico, despois de máis de trinta anos de funcionamento dun sistema que foi unha solución no seu tempo ás fortísimas tensións territoriais, e un artellamento do Estado que ten manifestado as súas bondades aínda que precise de acomodacións que o tempo e o propio funcionamento vaia esixindo.

As autonomías viñeron introducir novas administracións nun Estado no que xa existían os poderes municipais, provinciais e nacional. Agora son, pois, catro e non tres como se ven afirmando as administracións que se incardinan ou solapan na atención ós administrados. E esa mesma incardinación ou solapamento é o que ten que ser investigado e corrixido para evitar coincidencias costosas e indesexables na detentación de competencias e polo tanto na gobernación dos nosos asuntos.

Nun tempo no que se revisan á alza estatutos de autonomía para introducir máis capacidade de autogoberno, nun Estado no que en tempos funcionou o “café para todos” como remedio para atender as diferencias, os novos Estatutos deben camiñar todos na mesma dirección, non podendo consentirse que a diferencia de trato nos seus plantexamentos legais afonde en diferencias que ninguén entenderá nin permitirá.

Ningún partido pode abandeirar reformas neste campo, e todas as que se emprendan en solitario caducarán como normativa partidaria e interesada. O que se necesita no terreo das autonomías é que os grandes partidos, representantes da inmensa maioría dos españois, se poñan de acordo e cun gran pacto de estado ou simplemente coa aplicación do máis puro sentido común, afronten as reformas precisas con sentido de futuro e para solucionar problemas xerais e non contentar ós correlixionarios.

Agora foi Rajoy o que lembrou o tema. Pero o problema non é só do seu partido ou das autonomías que o seu partido goberna senón de todo o Estado, e todos temos –todas as forzas políticas- que intentar poñerlle solución. Todo o que así non sexa, son parches. E os parches non solucionan nunca nada máis que unha pura cuestión temporal. Esto, ten moito máis calado, moito máis fondo, e aféctanos de xeito directo moito máis do que podemos pensar.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES