Vemos Vigo
Editorial - martes, 09 de noviembre de 2010
Os galegos vemos Vigo con asombro, gabándonos de ter nun dos nosos extremos, precisamente á beira de Portugal, a maior das nosas cidades con case trescentos mil habitantes, e o punto máis vital de toda a nosa Comunidade.
Duplicando as cifras de poucos anos antes, resulta que no porto de Vigo se moveron en 2009 arredor de setecentas mil toneladas de pescado fresco ou conxelado- o que convirte a este Porto no primeiro do mundo en pesca para o consumo humano. E esto ocorre aquí, entre nós, en Galicia. Pero tamén é o porto máis visitado de Galicia polos cruceiros internacionais, e onde se vai poñer en marcha unha autopista do Mar que unirá por primeira vez Galicia con Francia.
O que en tempos foi o Vicus Spacorum, que se coidaba simple aldea no tempo dos romanos aínda que agora se comproba tivo moita máis importancia, é hoxe unha das facianas de Galicia de maior vitalidade e forza.
Vigo é na actualidade a nosa primeira cidade industrial, con 2.725 habitantes por kilómetro cadrado, e con 23.824 empresas. Lidera o comercio exterior de Galicia, e ten a balanza comercial máis saneada de España.
Vigo ven de cumprir os seus primeiros douscentos anos como cidade, e con ese motivo ponse de manifesto o que todos sabemos ou intuímos: que a cidade viguesa é a capital industrial de Galicia, que constitúe a nosa proa comercial hacia o Atlántico, e ponte perfecta para conectar o noso país co norte de Portugal para formar esa ansiada eurorexión da que tanto progreso e avance podemos agardar.
Felicidades Vigo!. Felicidades, vigueses, polos primeiros douscentos anos de cidade de progreso e de traballo!. Que o voso exemplo ilumine toda Galicia e axude a proxectala hacia o futuro por camiños que Vigo ten percorrido hai moito tempo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora