Visita Papal
							Editorial - lunes, 08 de noviembre de 2010
							  O que levou tanto tempo organizar, tanto investimento e ata tanta discusión seudopolítica, consumouse nunhas poucas horas este pasado sábado coa estancia do Papa en Galicia.
 
Independentemente das crenzas de cada quen, foi un acontecemento global, espiritual e material, para todos os galegos, para todo o mundo; para todos os galegos do mundo. 
Para os crentes, resultou ser a culminación efectiva dun Ano Santo, testemuña viva do representante de Cristo na terra, reafirmación de fe e todas as  crenzas que con cada peregrino conflúen en Compostela. 
Para os non crentes, a visita do rexente dun Estado soberano é a testemuña de excelente relación, de boa vontadade, ocasión perfecta de amosar ó exterior todo o que posuímos en canto a pobo cunha riqueza intelectual admirable, unha cohesión social perfecta, unha capacidade de organización fóra de toda dúbida. 
A visita non puido ser máis rendible, mídase polo raseiro que se mira, difundida a todo o mundo, poñendo a cidade de Santiago no punto de mira de todos os católicos, facendo estar Galicia  a súa paisaxe, a súa xente, os seus símbolos, o seu idioma- á máxima altura da actualidade. 
Os que rexeitan a visita papal por crenzas ou investimentos, estarían moi satisfeitos pola visita de calquera dos gobernantes do noso contorno, co que nos unen lazos económicos e sociais de maior ou menor rango, de maior ou menor interese. 
Deberían situar a visita no seu xusto carácter, despoxando ó visitante das características ou atributos que non lles interesen, e aínda así sería beneficioso para este páis que aquí chegase en son de paz e de irmandade o máximo representante dunhas crenzas que seguen miles de millóns de persoas en todo o mundo, que veñen coincidir coa inmensa maioría dos habitantes do pobo que o recibe.
Certo que tanto o poder civil como o relixioso plantearon esta visita como algo definitivo, inefable, confortador. Pero resultaron ter razón, e a visita ten ostensibles resultados confortadores, inefables, definitivos. Que xa é ter. Dicía o arceibspo de Santiago que a visita do Papa ía otorgar ó feito xacobeo unha dimensión de univesalidade.  Pois parece que si. 
							
							
Editorial
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora