Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facer a lei, facer a trampa

viernes, 05 de noviembre de 2010
Facer a lei, facer a trampa Galicia dentro de pouco vai formar parte das comunidades que xa dispoñen dunha lexislación reguladora do consumo de bebidas alcohólicas polos menores.

Algunhas comunidades entraron neste tema moito antes de que se iniciase o fenómeno do botellón. Foron comunidades como Asturias, que goza dunha lei de prohibición de venda de bebidas alcohólicas a menores de dezaseis anos, ou Navarra que prevén e limita o consumo deste tipo de bebidas a menores de 18 anos, ámbalas dúas desde 1991. Tamén o fixeron Castela-A Mancha (1995) Estremadura (1997) ou Madrid (2000). Algunhas optaron por introducir noutras lexislacións máis xerais os aspectos relativos a este consumo, como poden ser as das Canarias (1997), Andalucía (2006), La Rioja (2006), Valencia (2008) ou Cataluña (2010), que elixiron agregarlle algúns artigos sobre o tema ás súas leis sobre protección da infancia e adolescencia ou menores. Así que, a bote pronto, xa hai como mínimo a metade das Comunidades españolas que deron o paso de lexislar sobre algo tan prexudicial e nocivo, non só para os nosos menores, senón para toda a sociedade.

O fenómeno do botellón converteuse nunha epidemia social nacional. Non hai cidade grande nin pequena onde non se faga coa permisividade das autoridades locais botellóns ou botellíns. E digo coa permisividade das autoridades locais, porque se hai unha normativa específica que contempla a súa posible actuación e o fenómeno non foi a menos é que existe ese beneplácito, que ademais de ser contemplativo, é dicir, que non se fai nada para erradicalo, por outra banda, tómanse medidas como os servizos de transporte público para que os mozos poidan desprazarse con menos riscos, que parece que aínda o vai a incrementar máis.

Agora está en trámite parlamentario a lei galega, que segundo parece contempla aspectos máis restritivos que as súas homólogas. Pero a verdadeira lei é aquela que se fai cumprir, todo o demais é auga de bacallau.

Así que, fóra doutros atributos que se lles poida poñer a estas leis como son a educación para a saúde, as multas ou a publicidade, en que os partidos parecen decididos a perder o seu tempo dos debate, o que hai que propor é que con que medios económicos e humanos se vai contar para facela efectiva..

Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES