Marcelino Camacho
Cardalda, Theo - jueves, 04 de noviembre de 2010
Tiven a grande sorte de coñecer a Marcelino nos anos setenta, cando Marcelino veu a Vilagarcía de pasada para irmos a Rianxo a un acto de solidariedade, onde actuaba o cantautor Benedicto. Collemos aquela histórica motora Cambeses que facía a singradura Rianxo-Vilagarcía e viceversa. A motora ía chea ata a bandeira. Cando íamos navegando tiven unha conversa con Marcelino para que lle explicara todo o que el ía vendo sobre a Ría de Arousa. A súa receptividade asombroume, as súas palabras pausadas despedían honestidade, dime conta escoitándoo que estaba ante unha boa persoa e un cidadán exemplar en tódolos conceptos.
O día do seu pasamento o ceo cubriuse de vermello. Finou un grande home, foise Marcelino Camacho, exemplo de honestidade, honradez e loita pola democracia e os traballadores. De loita naqueles tempos da longa noite de pedra, onde po ser demócrata padeceu moitos anos de cadea. Moitos daqueles que seguen a mesma ideoloxía dos que o meteron na cadea están á súa beira , ao carón do cadaleito. Son eses lobos coa pel de ovella, os falsos demócratas, os que din que son demócratas de toda a vida. Falsos,
Fariseos, ides correndo a presentar as condolencias, arrodeados de fotógrafos e cámaras de televisión. Non teñen nin un anaco de vergoña nin se acordan do que fixeron onte, o que están a facer hoxe e o que farán mañá e pasado onde seguirán coas súas políticas neoliberais, con agresións aos traballadores. O Zapatero e os seus a seguir de xeonllos ante o FMI, o Borbón seguirá coa súa estéril vida e os visitantes de dereitas arremeteran demonizando a todo aquilo que cheire a esquerda de verdade.
Estes hipócritas de "esquerdas" son os mesmos que remataron con ese enorme capital do sindicato fundado por Marcelino. Son os mesmos que entregáronse a esa ideoloxía neoliberal que comezou cando reinou o Felipe González. Eses inimigos de clase que fóronse a facer a foto ante o cadaleito de Marcelino, denígranse eles mesmos
A grandeza de Marcelino é que ninguén deses fariseos, figuróns e falsos demócratas se lle vai a apropiar da súa figura.
Ata sempre Marcelino, que a terra che sexa leve

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora