Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas empresas máis para a lingua galega

miércoles, 03 de noviembre de 2010
TECENDO PAÍS: Dúas empresas máis para a lingua galega

As directrices de ordenación do territorio de Galicia pretenden poñer orde no caos producido por un (sub)desenvolvemento que se producíu caoticamente, desartellando o territorio e provocando desequilibrios na súa estrutura económica,social e cultural. A desertización do rural e a concentración da poboación na franxa costeira, redúcen a súa capacidade para xerar certos niveis de centralidade e concentración de servizos, poboación e actividades.
Galicia precisa urxentemente dunha planificación económica e territorial, que ordene os espazos para que neles teñan cabida a diversidades de accións sectoriais con incidencia positiva no desenvolvemento do país, sen perda dos seus valores identitarios. Mentres esa falta de planificación dos organismos públicos non chega para vertebrar, xerar economía e fixar poboación, a iniciativa privada actúa movida polos seus propios intereses. Tal é o caso no concello de Moraña, onde os irmáns José, Emiliano, Eduardo e Casián García García crearon dúas empresas –“Vertifil”, no polígono industrial de Mirallos, e “Celtic Estores”, no de A Fieira- coa aplicación de avanzada tecnoloxía na fabricación de persianas verticais, cortinas, tapicerías, portas pregables, etc., Os seus produtos expórtanse a Portugal, Francia, Italia, Bélxica e outros países europeos.
A presenza desas dúas fábricas, con máis de 16.000 m2, dinamizou a economía do seu territorio e comarca. O 66% dos traballadores, maioritariamente mulleres, teñen residencia no concello. Moraña é hoxe unha vila próspera cun nivel de edificación grande. Non hai máis que reparar no crecemento urbanístico que converteu a antiga estrada a Cuntis na rúa principal da Vila.
Malia a crise económica que azouta tódolos sectores produtivos. “Vertifil” e “Celtic Estores”, dirixidas por Casián García García, son hoxe dous esteos fundamentais na industrialización de Galicia, porque os seus propietarios teñen unha visión acertada na súa xestión, incorporando tecnoloxías punteiras e investindo en I+D+i, como a mellor garantía para facer fronte á forte competencia e ás demandas dos mercados, que eles coñecen ben por teren outras empresas, que dirixen os outros tres irmáns: Jose, Emiliano e Eduardo en Miami, Girona e Barcelona, respectivamente. A Generalitat premiounos en 1977 como as mellores empresas exportadoras.
Esa dilatada experiencia empresarial e o coñecemento dos mercados internacionais déulles a estes empresarios morañeses unha percepción atinada da identidade cultural como medio motivador da actividade produtiva, coincididente coa do Foro E. Peinador, do que xa forma parte Casián. Velaí porque proximamente se celebrará nas instalación de “Celtic Estores” un acto transcendental para á normalización da lingua galega. Será día 5 de novembro, venres, e contará coa participación de tódolos traballadores e traballadoras e tamén moitos empresarios que xa anunciarion a súa asistencia; asinarase un convenio coa Secretaría X.de Política Lingüística para estender o uso do noso idioma nas relación laborais, nóminas, sinalética, convenio colectivo, ferramentas informáticas, etc., sumándose a outras empresas que xa fixeron o mesmo.
O éxito empresarial de “Celtic Estores” e “Vertifil” e o prestixio dos seus produtos dánlle ao noso idioma unha oportunidade máis para gañar novos espazos de uso e contribuír como elemento identitario á cohesión social e vertebración territorial e económica de Galicia.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania