Avanzando na autonomía
Editorial - jueves, 04 de noviembre de 2010
Representantes de doce autonomías veñen de reunirse en Santiago neste Ano Santo, para estudiar a situación global das súas circunscricións e adoptar medidas de cara ó futuro.
Ata agora neste campo só existía a conferencia de presidentes autonómicos que convoca e preside o Presidente Zapatero, pero esta de agora foi diferente, independiente, que debate e planifica, e xa ten decidido volver a reunirse, tamén sen a presencia do Presidente do Goberno.
A xuntanza santiaguesa denominouse Encontro entre Comunidades autónomas para o desenvolvemento dos Estatutos de Autonomía, e a súa vontade de continuidade evidencia que aínda queda moito por facer, moito que camiñar, nesta asunción do poder por parte dos gobernos autonómicos, e que teñen emprendido este camiño de xeito decidido aínda que haxa que agardar ata despois das eleccións municipais para celebrar a próxima xuntanza e ver como evoluciona esta nova tendencia.
Segundo o Conselleiro Rueda, coordinador da xuntanza compostelana, a fronte de presidentes autonómicos nace de xeito espontáneo pero non contra ninguén e menos contra o goberno, pero ninguén deixará de mostrar a súa inquedanza ou confianza segundo proceda na formación deste frente bicolor -populares e socialistas- chamado a chegar a enfrontarse co goberno central.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora