Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Día dos defuntos

martes, 02 de noviembre de 2010
Hoxe, a Igrexa celebra a solemnidade dos defuntos. Dos nosos defuntos.Sen grandes exhibicións, xa que é día laborable. Onte, celebramos a dos Santos. Dúas solemnidades totalmente unidas e inseparables. Mellor, en profunda e lóxica correlación. A nosa Terra, rica pola súa historia, tradicións e cultura, cunha longa vida amasada na pobreza (e ás veces, na miseria) con moita dependencia e duros traballos, tanto nos perigosos do mar coma nos da terra, estivo, tamén sempre, chea de vida, sentimentos, solidariedade e amor. Desde as orixes. Tanto na Terra, como na Emigración

Os galegos non nos merecemos tantos alcumes (ou malos entendidos) coma os que nos apoñen de sermos morriñentos e choróns..Ou si!? Que en vez de protestar e berrar, optamos polo silencio, polo aguante e/ou por calar e emigrar. Que non nos temos moita estima e sermos moi devotos dos “nosos defuntiños”. Posiblemente non se decatan das nosas serias e profundas relacións. Non só entre nosoutros e con Deus, senón tamén cos do mais aló. Cos nosos antepasados, cos nosos propios defuntos. De feito, esta fin de semana, a maioría dedica estes tres días (Domingo, Santos e Defuntos) a limpar nichos e sepulturas, levar flores e chorar e rezar por eles. Todo iso, recomendable, pero que, por suposto, non abonda, nin é o xusto e necesario. Quedarse niso ven a ser confesar a nosa falla (ou desviación) de fe que se ten de apoiar noutras categorías: Na fe en Xesús Resucitado (no que dicimos crer) que nos asegurou que todos (todos e todas!) habemos resucitar con El. Os nosos defuntos de todos os tempos e nosoutros mesmos, cando nos chegue a hora. Cremos iso deste xeito ou non!? Máis directa a pregunta: fiámonos ou non nos fiamos de Xesús!?

Cómpre lembrar estas ideas: As dúas festividades, son unha soa e única realidade. En dous tempos. Os personaxes protagonistas son os mesmos. Celebramos a Todos os Santos. Os oficiais, os xa recoñecidos pola Igrexa e todos os demais anónimos (para Deus todos recoñecidos e amados) que se contan por miles de millóns, entre os que están os nosos santos que tratamos e coñecemos (os avós, os pais, os parentes, amigos, veciños...) convertidos todos en santos. Pola graza e regalo de Deus, claro. Regalo desta nosa vida aquí na terra, e tamén da definitiva, da eterna. Non porque a merezamos ou gañemos. Ninguén pode mercar, merecer, gañar a súa propia vida. Nin a dos demais.

Non deberiamos laiarnos nin chorar perante estes días. Parecemos persoas sen fe. Máis ben deberiamos estar ledos e dedicármonos a dar grazas a Deus polo regalo da vida de acó (e aproveitala mellor facendo sempre o ben, amando e perdoando ) e pola plena do alén (a eterna) que só se pode recibir despois da morte. Non sexamos incoherentes e absurdos non só coa nosa razón senón tamén e, sobre todo, coa fe recibida. Semella que aínda non entendemos nada despois de 20 séculos de Cristianismo. A vida e a salvación (ámbolos dous regalos) veñen de Deus, non gañados, e menos aínda merecidos, por nós. Pobriños! Vénnos dada “gratis e por amor”, por expresa e directa vontade do noso Deus Pai que mandou o seu Fillo ao Mundo, precisamente para iso. Ás veces, demasiadas veces, parece que estamos desmemoriados, ou despistados. Fallos de fe e esperanza!!. A reaccionar, amigos e amigas!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES