Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lápidas en galego

lunes, 01 de noviembre de 2010
Non perde ocasión a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia para facer apostolado en relación co noso idioma e a súa utilización en tódolos ámbitos da nosa cotidianeidade. E tal día coma hoxe a tradición e o calendario esixe que teñamos en conta ós nosos difuntos, de xeito que se fagan presentes na nosa vida aqueles que foron antes ca nós.
Ten a celebración dos defuntos que mañá se celebra unha preparación especial neste “Día de todos os Santos”, e no noso país unha raigame especial co excepcional culto ós mortos que rendemos desde a noite dos tempos.
Diante desta celebración, Xosé González, alma mater desta Asociación de Funcionarios a prol do galego lembra que son os cemiterios as parcelas nas que o noso idioma está menos representado, calculándose nun 99% as lápidas escritas en castelán, quedando unha mínima parte para o galego, e estimando que debe experimentar un cambio nesta proporción de xeito que resulte normal que as placas se escriban no noso idioma.
Propón a asociación que non só as lápidas estean escritas en galego, senón que en galego tamén oficien os cregos os servizos fúnebres, e que as empresas funerarias ofrezan os seus servizos en galego, á vez que se sustitúan as lápidas de galegos relevantes de xeito que amosen nas súas sepulturas epitafios en galego.
Unha vez ó ano xorde de novo a petición, esixencia ou suxerencia. Razón ten a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística nos seus plantexamentos de facer máis galegos os nosos cemiterios, e que en galego queden escritas para sempre as lembranzas dos que merecen dormir o soño eterno ó abrigo do noso idioma.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES