Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Importan o tamaño e as formas

miércoles, 05 de mayo de 2004
Falamos de marisco. De Ferrol e bisbarra. De pechar o porto de Ferrol para presionar en relación co tamaño de marisco. Falamos de formas que deberan estar desbotadas desde hai moito tempo. Falamos dun xeito de comportarse que deslexitima calquera postura por moi razoable que sexa.

Pois os bloqueadores do porto de Ferrol conseguiron que a Xunta se sente a dialogar. Claro que a Xunta non ten nada que dialogar porque –coma aquelo do Ive dos libros e da música- o do tamaño do marisco está fixado pola Unión Europea. E a UE, afortunadamente, non torce as súas decisións por un fato de lanchas atravesadas na boca dunha ría, ou por unha folga de fame.

Se os técnicos e as autoridades establecen un tamaño mínimo de captura de ameixa será porque a realidade do sector así o esixe. Modificalo por presión sería absurdo.

O falar non ten cancelas, dí o refrán. Se o feito de falar é a disculpa para deixar de armar bulla, pois vale. Pero non se debe –non se pode- agardar nada máis desa conversa.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES