Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mariana Pineda

jueves, 28 de octubre de 2010
Mariana Pineda, nacida en Granada en 1804, foi unha heroíña que loitou pola causa liberal no século XIX e morreo executada a garrote vil naquela cidade en 1831. Moi xove empezara a involucrase coa causa liberal e cada vez mais en contra dos partidarios do absolutismo e do rei Fernando VII. Nun rexistro da súa casa, Ramón Pedrosa e Andrade, comisionado especial para as causas contra a Seguridade do Estado, unha especie de policía política, requisa unha bandeira de dous metros por un, na que se bordara con fío vermello o lema liberal “Igualdade, Liberdade e Lei”. Mariana é arrestada, acusada de conspiración e encarcelada. Ela, que non sabía bordar, encargara o traballo a dúas criadas. Durante o xuizo, Pedrosa intenta convencela de que delate ás súas cómplices a cambio de perdoala, pero négase, e Fernando VII asina a sentencia de morte. Federico García Lorca inmortalizou o episodio coa súa obra dramática “Mariana Pineda: romance popular en tres estampas”.

O mindoniense Isidro Fernández acaba de publicar o tomo VII da súa moi interesante serie “Mondoñedo, regreso al pasado”, recopilación de artígos publicados en diversos medios por don Eduardo Lence-Santar, primeiro cronista oficial da cidade episcopal.
Grazas á publicación do amigo Isidro, sabemos que don Ramón Pedrosa, quen levou ó cadalso á liberal Mariana Pineda, era un mariñán de Adelán-Alfoz, nacido en 1786 na súa casa da Escoura, e fora Procurador Xeral do concello de Mondoñedo; xefe político deste distrito; abogado da Real Audiencia de Galicia; Alcalde Maior; Alcalde do Crime da Chancillería de Granada. Pedrosa, detrás da Pineda moitos anos, detívoa baixo arresto domiciliario mentres obrigaba a esconder a bandeira na casa para que a policía atopara a proba do delito.

Pasado un tempo, en Escoura, Adelán, presentáronse 36 soldados que o conduciron preso ó castelo de San Antón, na Coruña, onde se lle formou causa, sendo desterrado por seis anos a Filipinas. Anos mais tarde marchou a Roma onde finou.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES