Avaricia e a crise
Rubal, Pedro - jueves, 28 de octubre de 2010
Confeso a miña ignorancia en economía, e non porque non estudara esta disciplina, senón porque o pouco que sei non me serve de moito e no panorama da crise actual, máis ben me estorba. Pero, paradóxicamente, atópome estimulado a escribir acerca dela. Aínda que, por suposto, non sei como saír da mesma, se me antolla que algunhas saídas propostas son pouco convincentes. Pero poden ser só antollos meus!.
O escocés ADAM SMITH mantuvo coma tese básica que a riqueza dunha nazón denpendía do traballo e do aforro, pouco gasto en bens de consumo e empregar o sobrante en bens de produción. Isto encaixaba na economía chamada liberal.. Pero aparece na palestra o inglés J. MEYNARD KEYNES e introduce o concepto de demanda agregada, que inclúe o gasto dos consumidores, as inversións privadas e o gasto público. E entón para este economista a riqueza era a existencia dunha gran demanda agregada: hai, pois, que incrementar a capacidade económica do consumidor, sobre todo se se considera que a riqueza é igual ao consumo. Consecuente Keynes con isto, pensa que o motor da economía non é o aforro (a AVARICIA), senón o consumo, e para que as xentes gasten, consuman, teñen que ter confianza no futuro, estar a cuberto do arrepío que infunde a manifesta incompetencia dos gobernos da quenda para crear estímulos ao consumo, xerando desta maneira actitudes de aforro e escasa inversión en bens de produción, inapropiadas para saír da crise, porque cohiben a oferta, desencadeando cada vez máis paro.
Ao menos, isto debería ser así; pero se escoitamos os debates dos doutos en economía, non parece que a cousa sexa tan clara. En cambio, se ouvimos ós cidadáns, percibimos que estamos en un momento no que compre aforrar e non gastar nada que non sexa o estritamente necesario, por acaso: non sexa o diaño que a incompetencia nos deixe sen amparo no futuro. É dicir, imponse a AVARICIA, que ven a ser algo así coma o vicio do aforro sen inversión.
Pero
, se nin o aforro nin o consumo nos salvan da crise, que podemos facer?. Máis ainda, o aumento do consumo pode ir acompañado dunha diminución da calidade de vida, veñen a dicirnos os investigadores da talle de D. L. MEANDOWS e JÖRGEN RANDERS. Entón, que alternativa nos queda?. Ah
si!: argallar cun novo concepto, o desenvolvemento sostíbel, que aparece coa esixencia da globalización. Pero cando nos falan disto o nosos gobernantes hai que poñerse a tremer.
Non estou moi seguro de que poidamos vernos libres das crises, máis ben penso que non estaría mal que deprendéramos a vivir con elas, porque se, zubirianamente (referencia a Zubiri) falando, a historia é o proceso de posibilitación, quere dicirse, se é a transformación dos recursos naturais en posibilidades de vida, entón non hai que esperar paraísos, porque o home, ata agora, non coñece medios para transformar os recursos naturais en posibilidades positivas de vida que non xeren colateralmente (coma as menciñas) posibilidades negativas, e cando estas adquiren certa entidade son inevitábeis as crises dunha ou doutra natureza. E ben que nos desacougan
!

Rubal, Pedro