Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Documentos de Wikileaks

miércoles, 27 de octubre de 2010
Desde o preguntoiro: Documentos de Wikileaks


Grazas a Wikileaks e ao seu fundador Julián Assange, podemos coñecer os crimes,asasinatos e torturas que EEUU e os seus aliados cometeron e consentiron en Iraq, cos seus 400.000 documentos filtrados a algúns importantes xornais.

Non creo que algúns entendan aquí a gravidade da situación, porque esta nova é a primeira vez que a ven. Pero os que seguimos o que está a pasar en Iraq desde fai anos, sabemos o que indica Wikileasks. Sabemos que non é unha novidade, onde as forzas aliadas de EEUU e Europa dedicáronse sistematicamente a asasinar civís. Agora o Goberno de USA di que esas filtracións “poñen en perigo” ás súas tropas en Iraq, non é certo. O que puxo en perigo á tropas teñen nomes e apelidos: Bush, Blair e Aznar. A filtración destes documentos non asasina civís e os que tomaron esa decisión de “Libertad Duradera” están vivos e coleando.

Por veces aparecen personaxes como os anteriormente citados que constitúen un perigo para as civilizacións avanzadas e deterioran a convivencia cívica das nacións coas súas actuacións por intereses de poder económico e da representación persoal do seu ego. Non me estraña que con estes horribles crimes, demostra que os Ben Laden non nacen, fanse.

Se destapárase toda a podremia, se chegárase a coñecer os verdadeiros motivos da invasión a Iraq, caerían moitos dos alicerces que cremos firmes e consolidados nestas “democracias” occidentais. Porque son unha ilusión, o poder político é un monicreque e os dereitos humanos son un espellismo.

USA é un xigante cos pés de barro e as súas miserias tarde ou cedo sairán á luz, pero o xigante non está só, acompáñalle a Europa barrigana madre de tódalas hipocrisías. ¿Actuaran os tribunais internacionais contra os responsables deste xenocidio?. O dubido moito.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES