Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Premios e máis premios

miércoles, 27 de octubre de 2010
A escola da vida: Premios e máis premios


Moitas entidades aproveitan o final do ano para pechalo dándolle algún premio a alguén que o mereza. Esta semana, segundo parece, foi a dos premios dos políticos. O presidente do Goberno español sacou nesta convocatoria premios para todos os gustos e foron tamén moitos os agraciados.

Por un lado, están os de ascenso. Nesta categoría atópase o novo vicepresidente e xa ministro do Interior Alfredo Pérez Rubalcaba. Outros tamén ascenderon pero non saíron na foto, como José Blanco que adquiriu Vivenda sen deixar de ser ministro de Fomento.
A segunda categoría -que non premios de segunda categoría- son os de xa era hora. Neste chamamento recaeron en Ramón Jáuregui, quen, despois de facer todo o posible por ser lendakari, tivo que dar unha volta pola Unión Europea para acabar sendo ministro da Presidencia. Tamén está neste grao Trinidad Jiménez, quen parece estar a xogar ao xogo da oca, pois primeiro vai de secretaria de Estado para Hispanoamérica, despois, tira porque lle toca, e ponse na casiña de ministra de Sanidade, Política Social, e logo tíranlle os dados por ela, e como non a conseguen pasar á casiña da ponte ao concello de Madrid, trasládana ao Ministerio de Asuntos Exteriores.

Por último, están os premios a deixarse querer. Os seus galardoados nesta ocasión foron: Valeriano Gómez, quen pasa de traballar para os sindicatos a traballar para os políticos, e onde mellor ca en Traballo? (ou quizais deberiamos dicir peor? porque coa que está caendo vaille ser un óso duro de roer). A segunda agraciada é Rosa Aguilar, quen pasou de ser a alcaldesa vermella de Córdoba á conselleira da rosav da Comunidade andaluza. E agora, con tantas rosas, fíxose ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. A ver se de tantos medios produce algo enteiro. E a última é Leire Pajín, a moza que sempre se deixou querer, e a que sempre viu con moi bos ollos a Zapatero, senón como alguén podería dicir do presidente que "ve histórico" para o Planeta que el e Obama lideren o mundo ao mesmo tempo?

Deséxolles o mellor. Porque canto mellor lles vaía a eles nas súas competencias profesionais, tamén mellor nos debería ir a todos nós. Creo ben que merecemos todos que nos toque tamén algún premio algunha vez.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES