Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacrificios Humanos

martes, 04 de mayo de 2004
Un estudio de La Voz indica que a estrada máis perigosa de Galicia é a que de Baamonde vai a Mondoñedo, pasando por Vilalba.
Son 65 kms nos que ocorren douscentos accidentes por ano, e que nos últimos dezaseis meses rexistraron dezasete mortos.
Se o tabaco, o alcohol, a droga ou a sida producisen tal número de víctimas nunha comunidade nun tempo determinado, as campás tocarían a rebato.
Pero a ninguén se lle ocorre prohibi-la circulación por esa nosa estrada que -a pesar do seu magnífico aspecto- é unha auténtica asasina.
¿O mal está na estrada que soporta mortes? ¿Ou nos automobilistas que non sabemos estar á altura das circunstancias?. ¿Ou de todos nós?. O máis seguro é que sexa de todos nós, que consideramos normal pagar un tributo sanguinario a non se sabe que deus; con incontable dor, e sen a máis mínima contrapartida.
O problema está en todos nós -conductores ou peatóns- que coidamos normal que as estradas cobren vidas que ofrendamos como os antigos sacrificios humanos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES