Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Circular por Portugal

jueves, 28 de octubre de 2010
Nas autovías de Portugal xa hai que pagar peaxe por circular, coa conseguinte anarquía producida por unha decisión precipitada e sen unha infraestructura axeitada.

Hai paises en Europa, e Suiza é un bo exemplo, nos que para circular libremente polas súas autopistas non hai máis que mercar un adhesivo anual e colocalo no parabrisas do vehículo.

Entre as medidas do goberno portugués para eliminar o seu gravoso déficit está a de recaudar polo tránsito das autovías, da noite para a mañá, tendo os conductores que alugar un dispositivo e cargalo con diñeiro para poder aboar automáticamente os importes que correspondan, expoñéndose os non portadores do correspondente chip a unha multa por importe de dez veces o peaxe a aboar.

Para os galegos é difícil entender unha medida restrictiva coma esta, cando o intercambio de mercadorías entre Portugal e España non fai máis que aumentar, increméntase o número de empresas españolas que asentan as súas filiais no veciño país e viceversa, e as fins de semana arredor de sete mil vehículos portugueses cruzan o paso sobre o Miño cara Galicia buscando mellores ofertas comerciais que as dos seus compatriotas.

Máis difícil de entender resulta cando se estaba a fomentar a utilización por parte dos galegos dos servizos do aeroporto de Oporto, ata o punto de facelo competitivo diante do de Lavacolla ou Madrid. Non é precisamente esta nova peaxe un aliciente para os viaxeiros, e menos para todos os galegos que con interese comercial ou gastronómica invaden por milleiros o Portugal da raia ou máis no interior, como se aquel territorio fose unha prolongación da mesma Galicia.

E esto, a un par de semanas da visita do Presidente portugués, Anibal Cavaco Silva a Valença do Miño, onde animou a utilizar Galicia como porta de entrada a toda España, polas numerosas similitudes entre os dous territorios.

Non concordan a medida e as realidades e posibilidades. Ata agora, todo invitaba a unir Galicia co norte de Portugal. Esas peaxes, con importantes multas e importes onerosos, están facendo que moitos galegos se planteen desplazarse coa tranquilidade ata agora reinante a onde han ser unicamente contribuíntes forzosos sen ningunha contrapartida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES