Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ministros e Conselleiros

martes, 26 de octubre de 2010
Non hai tanto tempo en que o Ministro de Fomento e o Conselleiro Hernández se enzarzaron nun combate dialéctico por un “quítame daí” unhas estradas.

O certo é que empezou o Conselleiro, no acto de inauguración de dous tramos da A-8, por tardanzas e inconcrecións en relación coas vías que son, coma esta, competencia do goberno central. E o Ministro, que podía zanxar o problema cun meneo de cabeza e unha chapeada amistosa na caluga entrou ó trapo e alí foi o espectáculo e a verdadeira noticia, moito máis ca a entrada en funcionamento de dous tramos dunha obra tremendamente necesaria.

Pero vese que as confrontacións non fan más ca empezar, e foi logo a ministra Espinosa a que arremeteu en público contra o conselleiro de Medio Rural por non terlle remitido aínda un Plan de desenvolvemento rural, como xa teñen feito outras autonomías. Pero o Conselleiro non entrou en debates suscitados no calor dun acto político, e a comparecencia ministerial rematou sen violencias, Que a Ministra fora cesada ó día seguinte, non está demostrado que tivera nada que ver co espectáculo rexistrado en Compostela.

Pero son xa dúas ocasións de conflicto, preelectoral ou producto do fragor verbal dun momento inesperado, entre representantes do goberno central e o autonómico, que ninguén entenderá en ningún momento, e deixan quedar mal ós seus protagonistas rompendo o necesario clima de convivencia que habitualmente preside os encontros de persoas públicas que teñen unha determinada responsabilidade, pública ou privada.

Ministros e Conselleiros farían ben en ser conscientes da súa responsabilidade pública, e manter dignamente o seu papel institucional, lembrando que “del rey abajo, ninguno” debe esquecer que nos representan a todos nós; e non sempre hai un rey diante para preguntarlles “por qué no te callas?”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES