Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio de goberno

lunes, 25 de octubre de 2010
A pasada semana, o Presidente Zapatero renovou o seu goberno dun xeito radical, facendo cambios aparentemente arriscados, en aposta que pode ser intelixente ou puro brinde ó sol.

Os “galegos”, van a menos no goberno, se ben xa debiamos estar acostumados a que pouco importa a orixe nun cargo decisivo do goberno central, que as querencias quedan necesariamente domeñadas pola visión de conxunto e polo necesario consenso na acción gubernamental que non debe permitir preferencias ostensibles.

En tempos, un goberno nacional tiña importancia decisiva na gobernación total do país, pero nestes momentos de tan importante descentralización de competencias e poderes, a figura dun ministro aparece case puramente testemuñal, aínda sabendo que o Estado conserva importantísimas competencias e dotacións económicas que poden complementar e reforzar as accións emprendidas polos gobernos autonómicos, provinciais e locais.

A formación dun goberno nacional, que antes motivaba longa atención informativa, apenas da agora para un par de días de dedicación a analisar o traballo dos que se foron, os currículos dos que veñen, e a posible vontade presidencial ó provocar os cambios. Neste caso, a atención foi curta, e o goberno comeza a funcionar coas mesmas angurias e limitacións, co mesmo clima de derrota anunciada que acompañou os últimos tempos ó goberno que se foi.

Só a orde pública e Fomento seguen a provocar atención, pola natural preocupación por estes temas. E enténdese que Rubalcava e Blanco son puntais firmes da nova formación ministerial. Pero estamos en outono, onde os problemas comezan ou recomezan. O goberno teno crudo. E todos nós, moito más.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES