Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un gran circo

lunes, 25 de octubre de 2010
¿Sabe canto tempo lle ocupa a lectura desta columna?

Ben, non fai falla que empece a ler de novo co cronómetro na man, porque llo vou dicir eu decontado.

Dependendo da velocidade que lle imprima á lectura, cando teña rematado a columna deberan ter transcorrido entre un minuto e medio e un minuto e corenta segundos, e, en todo caso, nunca máis alá dos dous minutos por moito que se recree remoendo as palabras que escribo. Iso, tendo en conta que non se teña aburrido polo medio e me mande a fritir espárragos, que é unha forma “cursi” de mandarme “ó carallo”.

Seguindo coa mesma técnica cronolectora, direille que un folio escrito coa letra normal de ordenador, ven a ocupar entre tres e catro minutos, sempre e cando un non se desvíe moito dos papeis e manteña un axeitado grao de concentración.

Tomando estas referencias básicas, collamos a calculadora e poñámonos a contabilizar canto tempo lle levaría a unha persoa, por ela soa, ler os 17 mil folios dos que consta a parte do sumario que xulga a esa panda de chourizos repeiteados e faranduleiros que se crían co poder de chegar a sinalar co dedo premonitor ó futuro presidente do país.

Contando, pois, con que cada folio leva tres minutos e entendendo que aqueles que precisan máis tempo porque esixen máis nivel de concentración se verán compensados con aqueloutros que reproducen algunha imaxe e polo tanto menos texto, concluiremos en que realizar unha lectura de todo o trocho requiriría un total de 5.100 minutos, que trasladados a horas significaría unhas 85, e traducido a xornadas laborais, dez días, con propina, que son dúas semanas enteiriñas sen ningunha outra atribución.

¿Con tales cifras, non lle dá a sensación de que vivimos coma estafermos nun gran circo onde o pallaso parvo somos nós?

E feita a aseveración, agrade-ceríalle, querido lector, que non interprete isto como unha estratexia permisiva con algo que non ten xustificación. O que as fixo que as pague, xa leve o “alias” de Gürtel, xa o de faisán, pardau ou rousiñol.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES