
Un grupo de amigos de san Francisco tivemos a ocurrencia, hoxendía quixotesca, de arranxar unhas xornadas de música coral, baixo o lema de Liturxia e Música Coral, coa que queríamos homenaxear a este pobre home, Irmán da Creación Enteira e soñador dunha das meirandes utopías da historia, casi feita realidade nos seus máis sobranceiros irmandiños ou alomenos na súa persoa. A el, por unha banda isto, e por otra o autor do non venal Canto das Criaturas, primario xermolo da escrita italiana e xograr gratuito e atemporal do cerne e miolos da Trascendencia inmanante en cada ser que latexa na noite ou nas estrelas; na terra ou na auga, no Sol ou na Lúa; no fogo ou na Luz, na materia ou no espíritu, na vida ou una norte; no perdón e non na discordia: xograr da ¡Alotropía de Deus!
E de paso, tamén queriamos pór en valor novamente o patrimonio musical que a liturxia cristiana inspirou aos meirandes compositores da arte do pentragrama en tódolos tempos, incuidos os de agora. Compositores, uns e outros, de fai anos e arestoraejecutados no nome do que se di asamblea participativa e no xuizo inxenuo do cura de guitarra ao lombo. Por esquecidos, queriamolos recordar; e recordados, queriamolos disfrutar. Así foi, unha e outra cousa. Cousa chula por demais, digamos.
Bach, Haendel, Schubert, Mozart, F. Guerrero, Saint-Säens, altos, ergueitos e sonoros, clásicos e cultos, batendo de novo a estética e o sentimento -devoto- dos oíntes e celebrantes do rito sacro, ou de algún curioso e amigo comprometido
Na tarde, nas tardes ourensanas deste outono, días 3, 9, 16, de contado o 30. Na igrexa de San Francisco da Rúa Xoaquin Lorenzo Xocas, no Parque de San Lázaro. E cercanos, unxidos, entrañables, glorificados: Xosé Castiñeira, X.L. Reza Cabano. Este con plegaria de corazón a corazón e con unha xota a la Pilarica, contundente e xa inevitable nun bo repertorio que se precie. E brillantísimos, estupendos, as agrupacións corais que os interpretaron neste encontro sanfranciscano: ORFEÓN LUCENSE, CAPELA MADRIGALISTA, ORFEÓN DO CARBALLIÑO, e seguro que tamén CORAL DE RUADA. Co oportunísimo e impagable aceno galego de Xesús Mato no concertiño final do coro da cidade das Murallas nesta das Burgas.
Todo no escenario que tamén queriamos pór en valor: capela maior da igrexa de san Fancisco, palco en cuberta de ojivas, granito ourensán de magnífica acústica, con cruceiro acertadamente oscuro e recollido, acougando as inquedanzas de crentes, e non tal, no recinto do misterio que se fai feito visible na consagración de Cristo e da arte, nestas xornadas vencellados nunha mesma teima e ocasión: Liturxia e Música coral-Mes de san Francisco-Outono ourensán 2010, que decía o cartel anunciador.
Se acadamos ou non o que nós pretendiamos, non o sei. (En parte). Pero o inesperado sucedeu: fixemos máis amigos, estes amigos fixeron outros amigos. E xuntos, na arte, na profesión e na Vida ábrense máis e máis fermosos horizontes e poden agromar mil primaveras máis. E houbo quen deu a grazas. Daquela volveremos, se Deus quer. Tamén na igrexa dos Franciscanos de Ourense.