Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha luzada

jueves, 21 de octubre de 2010
Non todo é negrura no horizonte da Chaira, neste tempo de crise. Excepcionalmente en Outeiro de Rei, a poboación medrou un 25% en 10 anos (1000 veciños máis), 40 nacementos no 09. Sen dúbida, que a súa situación estratéxica para crear solo industrial, fornece esta regalía. Hoxendía, o transporte dos productos é o que máis grava as mercancías. E facemos votos para que se remate dunha vez a A8. É fundamental estudiar a ubicación dunha empresa, para favorecer unha saída doada ó xenero que fabrica. Por iso, apostamos pola Terra Chá coma un horizonte prometedor coma viveiro de novas iniciativas, polo seu valor dinámico coma nudo de comunicacións por carretera. Unha mágoa que o camiño de ferro, tantas veces invocado, coma sinal de progreso, aínda non penetre o corazón da comarca. Outra eiva a superar é que as administracións non sexan tan vagarosas no relacionado co mundo dixital, con internet, porque as novas tecnoloxías son imprescindibles, sobre todo, no proceso de comercialización e facturación… Fálase dun porto loxístico, aproveitando a proximidade das vías de comunicación, así lindando co polígono de Baamonde-Pacios, abrazado pola A8 e A6, un millón de metros cadrados para preto de 60 parcelas, que canta ás claras a súa relevancia económica. É verdade que Baamonde esta chamado a exprimir a súa situación estratéxica, despois de décadas de estancamento… Xa antaño ferveu coma centro ferroviario ou de dilixencias a cabalo, cara a Mariña. Outeiro de Rei, aproveitandose da súa cercanía a Lugo, segue a medrar…, pero hai outras vilas tan emprendedoras coma Moimenta e Castro de Ribeiras de Lea, que sen ser cabeceiras municipais están na primeira liña da expansión industrial. Moimenta está a abrirse ó compás do seu espertar comercial. Pero é Castro un caso exemplar, con máis de 25 empresas que dan traballo a uns 300 obreiros. Varias colaboran á elaboración e comercialización dos productos agrogandeiros e derivados. Agora, ó estar dotados desa saída providencial a A6 no polígono de Outeiro, obrigaos a non perder comba e seguir ampliando o seu espazo. En Outeiro, xa son 17 empresas con máis de 10 obreiros.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES