Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A escola da vida: Enrique Muíño, o actor perseverante

jueves, 21 de octubre de 2010
A escola da vida: Enrique Muo, o actor perseverante Hai unhas semanas chegou ás miñas mans un libro que conta a vida dun emigrante que fixo da súa fascinación a súa profesión. Trátase de Enrique Muíño. Para a inmensa maioría dos galegos este será un nome totalmente descoñecido, pero non así para os arxentinos.

A súa fascinación foi o teatro e súa profesión a de actor. Tivo uns inicios moi duros. Con só doce anos xa quería entrar na profesión, pero a oposición de seu pai foi férrea. Fugas da casa, fame, malos tratos, e un sinfín de penalidades tivo que soportar o pobre Enrique, pero ao final fixo bo o dito de que quen a segue a consegue.

Ademais de perseverancia, atopou o talento para significarse como un bo actor. E ser actor nos Bos Aires de principios do século XX non era nada fácil. Paso a paso foi formando un bo elenco, e obra tras obra labrouse unha exitosa carreira teatral.

Tivo moito éxito no Teatro Nacional, con obras como Así es la vida, Triple seco e San Antonio de los Cobres. En 1922, veu de xira a España coa súa propia compañía, Muiño-Alippi. Fixo representacións en Madrid, Barcelona, Valencia, San Sebastián e Bilbao. E a súa vila, A Laracha, rendeulle unha afectuosa homenaxe, ao igual que fixera o Centro Galego de Madrid.

Cando as postas en escena do teatro empezaron a declinar pola maxia do cine, el probou tamén as meles da sétimo arte. Interpretou películas como La guerra gaucha, El cura gaucho, Su mejor alumno, El abuelo, e así ata máis de 20 películas na Arxentina e nos Estados Unidos.

No ano 1941 recibiu o Diploma de Honra nos premios Cóndor Académico, da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de Arxentina, polo seu papel protagonista en El cura gaucho. Ese mesmo ano, con algúns amigos, fundou a produtora cinematográfica Artistas Argentinos Asociados.

E en 1944 recolleu otro premio por Su mejor alumno, película baseada na relación do gran presidente arxentino Domingo Faustino Sarmiento e o seu fillo Dominguito.

Os seus derradeiros anos dedicounos á pintura, tras estudar co pintor Fernando Fader, e chegou a expoñer nunha das galerías máis prestixiosas de Bos Aires.

Esta é a vida dun galego, que, con tesón, conseguiu non só sair adiante senón sobresaír profesionalmente noutro país para orgullo dos de alí, pero tamén dos de aquí. Porque Enrique Muíño é tan deles coma noso.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES