Santiago Matamoros
X.X. - viernes, 30 de abril de 2004
Definitivamente, a Igrexa de Santiago ponse ó día neste Xacobeo 2004.
Primeiro foi o do Santo dos Croques, actualmente xa con vixiancia para impedir que os peregrinos durante os cultos fagan cola para turrar contra a estatua do mestre Moure para que este lle transmita algo da súa ciencia e saber.
Agora, o Cabildo da Catedral ven de toma-la decisión de retirar a talla de Santiago Matamouros para evitar problemas co mundo árabe. Trátase da habitual talla que representa a Santiago a cabalo na batalla de Clavijo onde a tradición quere que se aparecera para combater da parte cristiá- con espada e estandarte, pisoteando árabes combatentes derrotados polo santo patrón das españas.
Cabería supoñer que a retirada se efectúa por poñer as cousas no seu lugar, clarificando que é imposible a figura dun Apóstolo sanguinario combatindo nunha batalla aínda que fose no lado dos bós. Pero o certo é que se retira como un sinal hacia o mundo árabe, sobre todo tendo en conta que a Catedral compostelana é un símbolo demasiado visible como para andar con estas bromas.
Claro que moito hai que facer ó respecto. ¿Cantos Santiago Matamoros hai? ¿Cando van retirarse? ¿Qué se vai facer co que coroa a Porta de Santiago na Muralla romana de Lugo?

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora